mapagalicia.es
Ver no mapa

Buzón

Isto faise entre todos

O esqueleto deste mapa —onde está cada cousa e como se chama— sae de datos abertos. O que fai que unha ficha mereza a pena non: a foto, a lenda, o nome que lle dá a xente do lugar, se se pode entrar ou se hai que saltar un valado. Iso non se descarga de ningures. Sábelo ti.

O que falta agora mesmo

O coñecido xa está feito: dos lugares que a xente busca de verdade, case todos teñen a súa historia e a súa foto. O que falta é xusto o outro: o que non ten artigo, o que non sae nas guías e o que só sabe quen vive alí.

23.778
lugares sen unha soa foto
Unha foto da capela da túa parroquia tápaos de un en un.
173
din a que hora abren, de 33.687
Onde se pide a chave da capela non o recolle ningún dato aberto.
13
festas recollidas, de centos
A romaría do teu sitio case seguro que non está.

E hai concellos onde unha man rende o dobre, porque teñen moito catalogado e pouco documentado: Brión, Negueira de Muñiz, Navia de Suarna, Rois, Guitiriz, Xermade.

Esa porcentaxe non xulga a ningún concello: mide canto sabemos nós del, non canto ten nin canto o coida.

Escribe aquí

A que vés

Dinos que che apetece facer e por onde andas. Non fai falta compromiso ningún nin saber de mapas: hai traballo para todos os ratos libres, do de cinco minutos ao de todas as fins de semana.

En que che apetece
Sen compromiso: podes marchar cando queiras.

Que pasa se te sumas

Agora mesmo isto faino unha persoa, así que non hai proceso de selección, nin reunións, nin ferramentas que aprender antes de empezar. Contéstoche cunha lista curta do que fai falta pola túa zona; colles o que che apeteza e mándalo cando poidas. Se un mes non podes, non pasa nada: isto non ten prazos.

Quen achega algo queda dito onde corresponde. As fotos levan sempre o nome de quen as fixo —as de Wikimedia Commons tamén, é a súa licenza— e quen escribe a historia dun sitio figura na ficha se quere.

Se prefires facelo pola túa conta

O catálogo constrúese desde OpenStreetMap e Wikidata, e as fotos de Wikimedia Commons. Todo se volve descargar cada certo tempo, así que o que engadas alí acaba chegando a este mapa só —e, o que é mellor, a todos os demais mapas do mundo. É máis traballo o primeiro día e menos para sempre.

OpenStreetMap ↗Wikidata ↗Wikimedia Commons ↗

Que pasa co que escribes

Hai quen prefire non encher formularios, e é lexítimo. O correo é miguel@bedel.es e o teléfono 681 676 697: se sabes algo dun sitio e cho contan mellor falando, chama.