Insel
A Creba
Muros · A Coruña

A Illa da Creba é unha illa galega da ría de Muros e Noia, situada a 240 metros da costa da parroquia de Esteiro (Muros). Ten unha característica forma de teta e unha extensión de 7,5 hectáreas. É de propiedade privada desde 1922. Está coroada por un caserón, construído sobre as ruínas da antiga capela da nosa Señora da Creba. Posúe dous embarcadoiros que forman unha pequena dársena.
Wikipedia-Text auf Galicisch, lizenziert unter CC BY-SA. Vollständigen Artikel lesen ↗