Flughafen

Flughafen A Coruña

Culleredo · A Coruña · 98 m

Flughafen A Coruña

O aeroporto da Coruña (IATA: LCG, OACI: LECO), tamén coñecido como aeroporto de Alvedro, é un aeroporto galego situado en Alvedro (Almeiras), no concello de Culleredo, a 7 quilómetros da Coruña. == Historia == O primeiro proxecto do aeroporto na cidade da Coruña foi aprobado en Consello de Ministros o 11 de setembro de 1953 e declaraba o traballo de realización urxente, descartando alternativas noutros lugares como A Laracha , Arteixo, Baldaio, a ría do Burgo ou a Ría de Betanzos. Se non houbera un proxecto anterior foi en parte debido ás dificultades orográficas e climáticas da zona e o impulso dado á construción do aeroporto de Lavacolla, en Santiago de Compostela, que fora inaugurado en 1935. Este primeiro proxecto implicaba a construción dun campo de voos na meseta de Alvedro, en Culleredo, que se consideraba suficiente para a construción dun aeródromo tipo C. En proxectos posteriores incluíuse a construción dunha área de estacionamento e unha terminal de viaxeiros. En 1961 foron instalados a radiobaliza e os grupos electróxenos da central eléctrica e en 1962 construíuse o predio terminal, realizouse a sinalización da pista de voos e foi urbanizada a contorna da terminal. Mentres estes traballos eran realizados, a Deputación da Coruña encargouse da construción da estrada que uniría o aeroporto coa Coruña e Santiago de Compostela, e a Dirección de Protección do Voo completou as instalacións de axuda á navegación. Finalmente, en 1963, construiríase o predio de servizos. Unha vez rematadas as obras ábrese o aeroporto ao tráfico aéreo civil español e a inauguración oficial ten lugar o 25 de maio de 1963. O seu primeiro voo foi coa liña de Iberia dende Madrid ata A Coruña e volta. En 1964, e só durante ese ano, operaría a liña Vigo-Coruña-Santander-Donostia-Barcelona con avións Convair 400. Non foi até 1971, cando se retomou esta liña co mesmo discreto resultado. A finais dos anos 60 chegaron os primeiros voos chárter desde Suíza e Londres. O 13 de agosto de 1973 tivo lugar o peor accidente da aviación da historia de Galicia en Montrove, Oleiros, no que morreron oitenta e cinco persoas. Este feito reduciu a actividade do aeroporto. O 28 de abril de 1990 reinaugurouse o aeroporto e ó longo de toda a década sufrirá varias modificacións na terminal de pasaxeiros, no alongamento da pista, na construción de fingers e a conexión de voos internacionais a Londres e Lisboa. == Infraestruturas == O aeroporto da Coruña conta cunha pista asfaltada na súa totalidade de 2.340 metros con orientación 035º/215º, resultando as pistas 03 e 21. Esta última cabeceira ten axudas instrumentais VOR-DME, NDB e ILS CAT II/III, mentres que a pista 03 pese á insistencia por parte das aeroliñas de que se instale un VOR [Cómpre referencia] ao non ser posible o uso dun ILS pola proximidade dun monte de alta elevación que deixa tras de si o punto de decisión, a cabeceira non ten ningunha axuda instrumental, de modo que as aproximacións a devandita pista son completamente visuais. Así mesmo, a pista é a segunda máis pequena dos aeroportos españois peninsulares logo da pista do aeroporto de San Sebastián. O 25 de xuño de 2015 a pista quedou ampliada en 400 metros ata os 2.340 metros asfaltados, permitindo a operatividad de avións do tipo Airbus A320 a carga completa, ou modelos de maiores dimensións utilizados en voos transoceánicos con certa penalización de carga, como os Airbus A330 ou os Boeing 777[Cómpre referencia]. O aeroporto conta cunha terminal inaugurada en 1996, que conta cunha cafetería, tendas e, por suposto, a zona de facturación e embaque, con 4 portas (gates) en total. O aparcadoiro do aeroporto terminou as súas obras de ampliación en novembro de 2010, o que implica un aumento considerable de prazas para vehículos, case 2000, distribuídas en catro niveis (un a nivel de chan e tres plantas subterráneas). Outros dos servizos cos que conta o aeroporto son un pequeno parque de bombeiros, un autobús para desprazar aos pasaxeiros ata os avións que haxa en pista e unha estación turística para voos en avioneta pola cidade da Coruña. == Aeroliñas e destinos == == Tráfico ==…

Wikipedia-Text auf Galicisch, lizenziert unter CC BY-SA. Vollständigen Artikel lesen ↗

Auf der Karte ansehenAuf Wikipedia lesenOffizielle WebsiteRoute

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

In der Nähe