Zerstörtes Gebäude oder Bauwerk

Aldea somerxida de Aceredo

Lobios · Ourense

Aldea somerxida de Aceredo

Aceredo foi unha aldea da parroquia de Manín, no concello de Lobios, pertencente á bisbarra da Baixa Limia, na provincia de Ourense. Desapareceu asolagada polo encoro de Lindoso (Portugal) en xaneiro de 1992 xunto a Buscalque, O Vao e a Reloeira (Entrimo). Aceredo está, desde o 2009, dentro da Reserva da Biosfera transfronteiriza galego-portuguesa Gerês-Xurés. == Trasportela == Aceredo aparece recollido co nome de Trasportela, tanto na Carta Xeométrica de Galicia de Domingo Fontán, de 1834, coma no mapa de José Castro López, de 1863, empregado para o trazado da fronteira entre Galiza e Portugal, subscrito en Badaxoz en marzo de 1863, e que pasou a historia coma o Tratado de Lisboa que entrou en vigor en 1864, e que fixa as fronteiras definitivas entre España e Portugal. Tamén aparece con ese nome nas referencias que fai Benito Fernández Alonso no seu libro El río Limia y sus contornos, en 1879. Tamén o recolle o libro de Trasos Montes e Miño, no número 44, onde fala das demarcacións da vila de Lindoso (Portugal), coas das aldeas de Trasportela e Riocaldo en Galiza. Pola contra, no Dicionario xeográfico, estatístico e histórico de España e as súas posesións de ultramar de Pascual Madoz de 1848, tomo XI, recolle Aceredo coma unha aldea de parroquia de Manín ou Trasportela, o que nos indica que Trasportela puido ser empregada para identificar á parroquia. == Xeografía == Aceredo estaba asentada ao pé do río Límia que o cruzaba de leste a sur, delimitada polo río Caldo ao oeste, o río Mao cruzaba a aldea polo sur, ao norte lindaba con Manín e Ludeiros, ao sur con Compostela e O Vao. == Aldea == === Historia === Aceredo foi unha aldea labrega onde había boas producións de millo, patacas, centeo, viño e hortalizas, e tamén se chegou a sementar tabaco, así se establecera pola Dirección Xeral de Agricultura do Ministerio de Agricultura no BOE do 7 de setembro de 1940. Tamén había un importante número de vacas e de gando ovino e caprino.[Cómpre referencia] A súa veiga, regada por tres ríos, principalmente polo río Limia, o río Caldo e o río Mao, abranguía unha enorme extensión do val. Aceredo tivo escola, no medio do lugar, ou escola das primeiras letras, onde asistían os cativos das aldeas da parroquia ata a apertura da escola de Compostela, na Segunda República. Esta escola mantívose ata a inauguración do grupo escolar de Lobios, no ano 1978, agora denominado CEIP do Xurés. Ata o final dos seus días contou con varios comercios de mercadorías, e era lugar de paso dos veciños das aldeas de Compostela, Ludeiros, O Vao, Buscalque, Reloeira e Lantemil principalmente. Tamén dos portugueses que cruzaban a fronteira da Madalena. En decembro de 1955, a Delegación de Industria da provincia de Ourense aproba a solicitude da Sociedad General Gallega de Electricidad, S.A., emprazada en Entrimo, por un presuposto de 550.000 pesetas, a instalación da liña eléctrica trifásica de 20 KV, desde As Conchas a Aceredo, e outras aldeas e serradoiros do val do Limia. Contou cunha liña de autobús dende xuño de 1958, aprobada pola Dirección Xeral de Ferrocarís, Tranvías e Transportes por estrada, BOE nº 145 do 18 de xuño de 1958. Dábaselle a concesión á empresa Paz y Compañía, S.L., co itinerario Bande A Madalena (Lobios), de 22,5 quilómetros, pasando por: Pazos, Lobeira, Terradas, Herdadiña, A Malleta, Aceredo, que saía dende A Illa (Entrimo), pasando por Aceredo, coa indicación de facer todos os días, sen excepción, o percorrido entre Bande e A Madalena. Co tempo esta liña foi asumida pola empresa Anpián que saía dende A Illa (Entrimo), pasando por Aceredo, e unía estas terras coa capital ourensá. === Veciñanza === Aceredo contaba con 105 familias en xaneiro de 1992 cando foi asolagado. A morte destas aldeas co asolagamento polo encoro de Lindoso supuxo un éxodo de 250 habitantes das aldeas de Aceredo, O Vao, Buscalque e a Reloeira. Ademais de afectar a outros 2500 habitantes de Compostela, Quintela, Rivas de Arauxo, Parroquia de Torno, Lantemil, Parroquia de Galez e Olelas. === Alcumes ===…

Wikipedia-Text auf Galicisch, lizenziert unter CC BY-SA. Vollständigen Artikel lesen ↗

Auf der Karte ansehenAuf Wikipedia lesenRoute

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

In der Nähe