Archiv
Archivo Histórico Provincial de Lugo
Lugo · 1951

O Arquivo Histórico Provincial de Lugo é un centro de titularidade estatal e xestión transferida dende 1989 á Comunidade Autónoma de Galicia. Depende organicamente da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Lugo e, funcionalmente, da Subdirección Xeral de Arquivos, dentro da Secretaría Xeral de Cultura. Actualmente, custodia uns 18.000 m de documentación, procedente de todos os ámbitos e sectores da provincia. Presta servizo ao público, á administración e aos investigadores. Ten a súa sede nun edificio funcional situado na rúa Cambria, nas proximidades do centro da cidade. == Historia == O Arquivo Histórico Provincial de Lugo foi creado pola Orde do Ministerio de Educación Nacional do 10 de maio de 1951, como resultado dun longo proceso iniciado en 1938 polo Padroado Provincial de Arquivos, Bibliotecas e Museos, a partir da publicación do Decreto conxunto dos ministerios de Xustiza e Instrución Pública e Belas Artes do 12 de novembro de 1931, polo que se crean os arquivos históricos provinciais. Instalouse provisionalmente nuns locais cedidos pola Deputación no Pazo Provincial, provisionalidade que se mantivo ao longo de 37 anos, dende 1951 ata 1988, data na que se constrúe un edificio propio. Coa construccón deste edificio, o Arquivo Histórico Provincial de Lugo dispón de espazo para exercer os seus labores de custodia e servizo. Ata entón, e a causa do exiguo dos depósitos, só podía recoller os protocolos notariais do distrito de Lugo, do arquivo municipal da capital e das contadorías de hipotecas da cidade, pero os novos locais permítenlle cumprir desafogadamente coas súas funcións. De titularidade estatal e xestión transferida á Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo coa lexislación vixente, o Arquivo Histórico Provincial de Lugo, é o encargado de recibir, custodiar e servir a documentación producida polos órganos da Administración periférica do Estado na provincia de Lugo, a documentación xudicial e tamén a producida polos órganos periféricos da Xunta de Galicia en Lugo. Ademais recolle documentación mediante compra, doazón ou depósito de fondos privados ou coleccións documentais. Forma parte do Sistema de Arquivos de Galicia e do Sistema Estatal de Arquivos. == Edificio == O edificio ten seis plantas, tres subterráneas, todas elas coas instalacións e coas medidas de seguridade precisas para o óptimo cumprimento das súas funcións, así como accesos e servizos para discapacitados. Nos tres andares a nivel do chan atópanse os locais de traballo e de servizo ao público. Na planta baixa, sitúase o dique de recepción de documentos, a sala de limpeza e desinfección e a zona de usos múltiples, para exposicións e actividades de difusión. Na primeira planta, oficinas, despachos, sala de repografía, mecanización, sala de investigadores e biblioteca auxiliar. No segundo andar, atópase a sala de clasificación de documentos, os laboratorios de restauración, as salas de fotografía e microfilmación e as salas de traballo técnico. Os depósitos sitúanse nas tres plantas subterráneas, capaces de albergar uns 20.000 metros de documentos nos compactos de que están dotados. Cada planta está dividida en tres depósitos, cada un de aproximadamente 200 m2, con pintura ignífuga e antifungos, con portas antiincendios, instalación eléctrica en tubos antideflagrantes, sistema de ventilación mecánica, control de temperatura e humidade, sistema de detección para fumes e extinción de incendios automática por auga micronizada. O acceso, que está nitidamente separado da zona de uso público, realízase a través de escaleiras e de montacargas, exteriores aos depósitos para evitar riscos. Metros cadrados dos depósitos: 2.262, 84 m2 Metros de andeis: 20.000 m Metros de documentación: 18.965 Unidades de instalación: 113.810 organizadas e instaladas definitivamente (15.487 m2) e 3.446 sen organizar ou en proceso de organización Metros cadrados totais: 3.501,48 m2 == Fins == A finalidade do Arquivo baséase en tres preceptos recollidos na Constitución Española de 1978:…
Wikipedia-Text auf Galicisch, lizenziert unter CC BY-SA. Vollständigen Artikel lesen ↗
Chegar en bus
- IES Nosa Sra. dos Ollos Grandesa 214 mLugo E.A.-Portomarín (enlace) · Lugo E.A.-Portomarín (enlace)
- IES Nosa Sra. dos Ollos Grandesa 226 mPedrafita do Cebreiro-Hospital HULA · Pedrafita do Cebreiro-Hospital Hula · Pedrafita do Cebreiro-Hospital Hula · Pedrafita do Cebreiro-Hospital HULA · IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes-Coeo · IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes-Viador
- LUGO E.A.a 316 mA Fonsagrada-Lugo E.A. · Lugo E.A.-Lugo E.A. · Sarria E.A.-Hospital HULA · SARRIA E.A.-HOSPITAL HULA · A Fonsagrada-Lugo E.A. · Friol-Lugo E.A.
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.