Zierbrunnen

As Burgas

Ourense

As Burgas, zierbrunnen en Ourense

Foto: Susana Lopez Fernández · CC BY 2.5 · Wikimedia Commons ↗

Zierbrunnen in Spanien, auf 127 m Höhe, 50 m vom Camiño Xabrés.

As Burgas son uns mananciais de augas termais que se localizan na cidade de Ourense. Deles brotan unhas augas silicatadas, fluoradas, líticas e hipertermais, a unha temperatura entre 64 e 68 °C cun caudal de 300 litros por minuto. Estas augas son aplicables a diferentes tipos de dermopatías. Xunto coa catedral e a Ponte Maior, son un dos símbolos da capital ourensá, á que se lle deu en chamar "Cidade das Burgas". Estes mananciais foron declarados Conxunto Histórico-Artístico no ano 1975.

Composición da auga

A composición da auga das Burgas, segundo a análise feita polos doutores Souto e Bermejo en 1990, é a seguinte: pH............................ 7,56 Residuo seco.......... 649,2 mg/l Litio......................... 1,14 mg/l Sodio...................... 102,2 mg/l Potasio................... 8,15 mg/l Rubidio................... 0,16 mg/l Cesio...................... 0,11 mg/l Calcio..................... 11,2 mg/l Magnesio............... 0,69 mg/l Boro....................... 1,24 mg/l Cloruro................... 25,0 mg/l Fluoruro................. 13,49 mg/l Bicarbonato........... 462 mg/l Nitrato.................... 0,33 mg/l Sílice...................... 71,8 mg/l

Orixe do nome

A orixe do nome das Burgas non está moi clara. Para algúns autores pode proceder de celta "beru" que quere dicir quente, pero a etimoloxía máis aceptada é a que provén do latín "burca" que quere dicir pía, en alusión ós baños utilizados polos romanos como balnearios.

Mananciais

Son tres mananciais: a Burga de Arriba, a máis antiga, de estilo popular e pertencente ó século XVII; a Burga do Medio, pegada ó muro e de estilo moderno; e a Burga de Abaixo, de estilo neoclásico, século XIX, con dous canos laterais e unha pía labrada no centro con outro cano. Tamén se atopa neste conxunto a réplica das catro aras romanas atopadas na cidade, a primeira delas en honor das Ninfas desas augas ofrendada por Calpurnia Abana Aeboso, que é o primeiro nome coñecido dun habitante da cidade de Ourense. Como dato curioso podemos comentar que antigamente as paisanas usaban a fonte para escaldar os polos e quitarlle así as plumas de forma máis doada. Tampouco está clara a orixe destes mananciais: unha lenda di que nacen debaixo da capela do Santo Cristo, na Catedral, e outra di son causadas por un volcán en repouso que está na base do Montealegre e que nalgún momento podería chegar a estoupar. Tamén se di que a alta temperatura das augas se debe a que o manancial se atopa xusto por riba do inferno. A comezos de 2005, por mor dunhas escavacións non autorizadas asociadas á construción dun novo balneario, resultou perforado un dos pozos que alimentan as Burgas, perdéndose un 40% do caudal, e secando un dos canos principais das fontes polas que xorden as augas. O 28 de xullo do 2010 inaugurouse a nova piscina termal na Burga do Medio, obra do arquitecto galego César Portela. Ó principio, esta piscina termal era de pago, pero en xaneiro do 2013, converteuse nunha piscina termal gratuíta.

Lendas

Conta unha lenda que había nun monte de Ribadavia un ermitán, chamado Pedro, que era quen traía as augas quentes a esta vila. Dise que fixera algún milagre e destacaba pola súa sabiduría. Un día, Pedro enfermou e creu morrer, pero un pastor que andaba por aí ofreceuse a buscar un médico, e así foi: trouxo un médico da vila que o atendeu e tratou, e conseguiu curalo. Desde aquela, Pedro e o pastor fixéronse amigos e este leváballe comida ó ermitán, á vez que aprendía del.…

Wikipedia-Text auf Galicisch, lizenziert unter CC BY-SA. Vollständigen Artikel lesen ↗

Fakten

Art Fonte

Schutzstatus Ben de Interese Cultural

Höhe hier ≈ 127 m · Terrain Tiles

Nächster Ort Ourense, 1 km entfernt

Jakobsweg Camiño Xabrés, 50 m entfernt

Einwohner der Gemeinde 105.609 (2025) · IGE

Auf der Karte ansehenAuf Wikipedia lesenRoute

Mit dem Bus hinkommen

Haltestellen des regionalen öffentlichen Nahverkehrs. Eine Haltestelle bedeutet nicht, dass heute ein Bus fährt: Die Linien sind nach Anzahl der Fahrten sortiert, und die Fahrpläne stehen auf bus.gal ↗.

In der Nähe