Strand
Augas Santas
Ribadeo · Lugo

A praia de Augas Santas, que xunto coa praia das Carricelas conforma o espazo coñecido no ámbito turístico como praia das Catedrais, é un areal situado na parroquia da Devesa, no concello de Ribadeo. Na actualidade é citada repetidamente entre as máis bonitas do mundo. == Características == O nome das Catedrais naceu arredor da década de 1960, polas características formacións rochosas que semellan os arcobotantes e contrafortes dunha catedral. Cunha lonxitude de arredor dun quilómetro, As Catedrais está formada por varias porcións que coa preamar quedan illadas ou mesmo desaparecen, deixando a parte principal reducida a un longo de 320 m. Tamén o seu largo é moi variable polo mesmo motivo, chegando o mar a tapar toda a area en moitas partes, mentres noutras a seca descobre ata 100 m. A parte máis fotografada do areal, a partir da illa de Xan Galo, correspóndese coa zona tradicionalmente coñecida como As Carricelas, mentres que a parte que queda á esquerda do acceso principal recibe o nome de Augas Santas. A praia é aberta con area branca e fina, bañada por unha ondada moderada. Algún ano ten disposto de Bandeira Azul. É lugar de peregrinación para a visita dos seus arcos e cantís, incluíndo os diversos ollos (furnas), o arco da illa de Xan Galo e a cova de paso do Chinelo, ao nivel da area, e para admirar o conxunto dende o sendeiro do alto do cantil. Entre os seus arcos agóchanse gran cantidade de especies de algas, moluscos, aves e vexetais, na actualidade en estudo mediante un convenio entre o concello de Ribadeo e a Universidade de Santiago de Compostela.. A base rochosa ten uns 500 millóns de anos, dende cando sufriu sucesivas inundacións e retiradas do mar. Os seus estratos de diferente dureza e sucesivas fracturas en diferentes direccións facilitaron a acción erosiva ata amosar a imaxe que presentan hoxe en día. Forman parte da flora sobre o acantilado a herba de namorar, perexil de mar, toxo ou breixo. Na parte inferior, as algas vermellas e as coralináceas fan compañía ós liques. Representantes máis numerosas das aves son as gaivotas e os corvos mariños. E como fauna pegada ó substrato, percebes, mexillóns, lapas e bígaros. == Acceso e servizos == Ten acceso doado pola N-634, de Ribadeo a San Cosme de Barreiros e collendo o desvío á praia das Catedrais en Reinante. Dispón así mesmo de pistas locais paralelas á costa e tamén de servizo de ferrocarril a través dos apeadoiros de Esteiro e Reinante (Renfe-FEVE). En 2019 está prevista a construción dun apeadoiro específico para a praia. A praia está atendida por un equipo de salvamento; hai servizos de limpeza diaria, e a menos de 500 m. na zona existen restaurantes, hostais, hoteis e demais servizos públicos (pasarelas, aparcadoiros etc...). Outros servizos da praia son as duchas e aseos, ademais da sinalización do estado do mar. Moi cerca dela atópanse os portos deportivos de Ribadeo e Foz. E no caso de accidentes o Hospital Comarcal da Costa-Burela é o encargado de atendelos. O que máis resalta desta praia son os 300 metros de cantís furados pola marea que forman uns arcos semellantes aos arcobotantes das catedrais góticas (orixe do seu actual nome), e que só se poden ver coa marea baixa. A praia está protexida polas de San Miguel de Reinante (Barreiros), Esteiro, As Illas, Os Castros, Areosa e Olga (todas de Ribadeo), que, á súa vez dan nome e conforman o ZEC As Catedrais, espazo natural protexido.. O lugar foi declarado monumento natural pola Xunta de Galicia no ano 2005. Está encadrada na zona da Rede Natura 2000 como zona especial de conservación (ZEC ES 1120005) e está dentro da Reserva da biosfera Río Eo, Ozcos e Terras de Burón. No ano 2008 foi elixida como a mellor praia de Europa pola web de viaxes máis consultadas na Unión Europea, --Youvox Voyage--, que realizou unha enquisa sobre 8.000 areais do mundo. En 2012 foi elixida por Traveller's Choice como a mellor praia de España, segunda de Europa e sexta mundial.…
Wikipedia-Text auf Galicisch, lizenziert unter CC BY-SA. Vollständigen Artikel lesen ↗
Chegar en bus
- Praia das Catedraisa 144 mRibadeo E.A.-Foz E.A. · Ribadeo E.A.-Foz E.A.
- PRAIA DE ESTEIROa 834 mRibadeo E.A.-Foz E.A. · Ribadeo E.A.-Foz E.A.
- Campamento IIa 912 mIES de Ribadeo Dionisio Gamallo-A Insua II
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.