Kurort
Balneario de Mondariz
Mondariz Balneario · Pontevedra · 1873

Foto: Xurxor · CC BY 3.0 · Wikimedia Commons ↗
Gebäude in Spanien, auf 71 m Höhe, 119 m von Mondariz Balneario.
O Balneario de Mondariz é un balneario inaugurado en 1873. Foi o pioneiro no termalismo galego e un referente entre as principais vilas termais de Europa. Hoxe é o maior centro termal de Galicia, e mestura o termalismo tradicional coas técnicas actuais. Conta cun hotel, un spa, un campo de golf de 18 foxos, un centro de congresos e restaurante de comida galega.
Historia
Enrique Peinador Vela foi o promotor do balneario en 1873. O balneario tivo momentos de grande esplendor e recibiu a visita de ilustres personaxes públicos galegos de finais do século XIX e comezo do século XX, coma Emilia Pardo-Bazán y de la Rúa-Figueroa ou Castelao, mais tamén estranxeiras, coma a raíña Sabela de Portugal. O Gran Hotel salienta arquitectonicamente, e foi obra do arquitecto vigués Jenaro de la Fuente Domínguez, hoxe convertido en apartamentos. O antigo Hotel Sanatorio, o actual hotel, foi proxectado por Antonio Palacios, aínda que non foi rematado. Salientan tamén a estatua de Enrique Peinador Lines, quen sucedeu ao seu pai como xerente do balneario de Mondariz en 1907. Este foi membro do Partido Galeguista e da Real Academia Galega e artífice da constitución do concello de Mondariz Balneario en 1924. Son tamén de salientar as fontes termais de Troncoso e a da Gándara, sobre a que Palacios ergueu un pavillón de granito. Cando Enrique Peinador sucedeu ao seu pai en 1907 na dirección do balneario, tentou convertelo nun espazo de cultura, na liña galeguista do pai. No verán do 1920 organizou unha homenaxe a Manuel Murguía, así como as sesións extraordinarias da RAG para o ingreso do poeta ourensán Antonio Rey Soto e do cambadés Ramón Cabanillas Enríquez. O 30 de agosto foi o acto de ingreso de Rey Soto, cun discurso en castelán que contestou Marcelo Macías García no mesmo idioma. O día seguinte ingresou Cabanillas Enríquez cun discurso en galego, A saudade nos poetas gallegos, que contestou, tamén en galego, Eladio Rodríguez González, secretario da Academia naqueles tempos. A decadencia do balneario veu coa guerra civil española e continuou até o incendio ocorrido no Gran Hotel no ano 1973 (edificio rehabilitado xa no século XXI). O balneario pechou realmente no ano 1994, cando comezaron as obras de rehabilitación das novas instalacións. Na súa época dourada contou cunha imprenta onde saíu do prelo o semanario La Temporada e maila revista Mondariz. Tamén tiña moeda propia: o peinador.
Castelao no Balneario de Mondariz
En 1915 Castelao pintou tres lenzos en gran formato (con medidas que oscilaban entre 348 e 510 cm de ancho por 273 a 281 de alto) para decorar os salóns do Balneario, os tres co título de Cegos. Tralo incendio de 1973 foron doados á Real Academia Galega, que os conservou enrolados por falta de espazo ata que, despois de seren sometidos á súa restauración, foron cedidos en 2011 en depósito ó Museo de Pontevedra, onde están expostos nas salas dedicadas ó pintor.
Galería de imaxes
Outros artigos
Balnearios de Galicia
Wikipedia-Text auf Galicisch, lizenziert unter CC BY-SA. Vollständigen Artikel lesen ↗
Fakten
Art Balneario
Heutige Nutzung Balneario
Höhe hier ≈ 71 m · Terrain Tiles
Nächster Ort Mondariz Balneario, 119 m entfernt
Einwohner der Gemeinde 740 (2025) · IGE
Mit dem Bus hinkommen
- Mondariz (balneario)26 m entferntMondariz-Hospital Álvaro Cunqueiro · Maceiras-Hospital Álvaro Cunqueiro · Ponteareas E.A.-Mondariz · Mondariz-Vigo E.I. · Maceiras-Vigo E.I.
- Mondariz (balneario)27 m entferntMaceiras-Hospital Álvaro Cunqueiro · Mondariz-Hospital Álvaro Cunqueiro · Mondariz-Vigo E.I. · Ponteareas E.A.-Mondariz · Maceiras-Vigo E.I.
- BALNEARIO281 m entferntCPI de Mondariz-Breque · CPI de Mondariz-Breque
Haltestellen des regionalen öffentlichen Nahverkehrs. Eine Haltestelle bedeutet nicht, dass heute ein Bus fährt: Die Linien sind nach Anzahl der Fahrten sortiert, und die Fahrpläne stehen auf bus.gal ↗.
