Thermalquelle
Burga de Xermeade
Reis · Teo · A Coruña

Foto: Miguel Rodriguez Sanmartin (User:UL_mrsanmartin) · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗
Thermalquelle in Reis (Teo, A Coruña), auf 31 m Höhe, 293 m vom Caminho da Geira e dos Arrieiros.
A burga de Xermeade é un antigo manancial situado en Xermeade (Reis, Teo) á beira do río Ulla. Ten augas sulfuradas, cloruradas e sódicas, que xorden a unha temperatura constante de 15 °C. A fonte dun só cano, verte a un estanque circular duns 3 m de diámetro de pedra labrada, onde poden entrar a tomar o baño ata 24 persoas á vez. Non se sabe con certeza a época do seu descubrimento, pero polo menos hai máis de dous séculos que as augas medicinais se utilizan. Nesa época a fonte era de uso público, pero aló polos anos trinta do século XX unha familia tentou privatizar a fonte, pero os veciños de Pontevea presentaron un preito pola propiedade do manancial. Nos anos cincuenta dese mesmo século as autoridades permitiron a construción dunha pequena casa de baños mentres o xulgado non emitía sentenza sobre a titularidade das terras. Finalmente os veciños gañaron o preito e a casa de baños quedou en desuso, arestora está en ruínas reconvertida en merendeiro a carón da bañeira. O manancial, de gran sona en toda a bisbarra, acolleu visitantes chegados de toda Galicia. As últimas décadas do século XIX e primeiras do século XX foron as de maior relevancia, chegando a computarse ata 300 bañistas diarios que repousaban nas diferentes fondas e "casas de baño de Pontevea", chegando a funcionar ata 5 casas de baño. O manancial da burga de Xermeade figuraba nas principais publicacións sobre augas mineiro-medicinais dende mediados do século XIX, como o número 22 da Revista Médica publicado o 15 de xaneiro de 1849, aparecía recollido un artigo do ilustre químico galego Antonio Casares no que se mencionaban as sulfurosas augas da burga.
Wikipedia-Text auf Galicisch, lizenziert unter CC BY-SA. Vollständigen Artikel lesen ↗
Fakten
Art Augas termais
Auch genannt A Burga de Pontevea
Höhe hier ≈ 31 m · Terrain Tiles
Nächster Ort A Ramallosa, 4,6 km entfernt
Jakobsweg Caminho da Geira e dos Arrieiros, 293 m entfernt
Einwohner der Gemeinde 19.038 (2025) · IGE
Anfahrt
Öffnungszeiten 24/7
Eintritt Kostenlos
Telefon +34 981815700
Adresse Paseo Fluvial A Burga, 15883
Mit dem Bus hinkommen
- O CASTRO472 m entferntPontecesures-A Estrada E.A. · Pontecesures-A Estrada E.A.
- Barco473 m entferntIES Avelina Valladares-Barco · IES Avelina Valladares-Barco
- Barco508 m entferntA Estrada E.A.-Montouto-Santiago E.I. · A Estrada E.A.-Montouto-Santiago E.I. · A Estrada E.A.-Pontevea-AG59-Pontepedriña-Santiago E.I. · Soutelo I-Montouto-Santiago E.I. · A Estrada E.A.-Montouto-San Caetano · Santiago E.I.-Cuntis-Caldas de Reis-Pontevedra E.A.
Haltestellen des regionalen öffentlichen Nahverkehrs. Eine Haltestelle bedeutet nicht, dass heute ein Bus fährt: Die Linien sind nach Anzahl der Fahrten sortiert, und die Fahrpläne stehen auf bus.gal ↗.
In der Nähe
Ponte de PonteveaBrückeTorre de CousoPazo (galicischer Herrensitz)
Sistema fluvial Ulla - DezaSchutzgebiet in Natur- oder Landschaftsschutz
Igrexa de San Salvador de BaloiraKirchengebäude
Igrexa de San Miguel de CoraKirchengebäude
Igrexa de Santa María de CousoKirchengebäude
Igrexa de San Miguel de BarcalaKirchengebäudeIgrexa de San Xiao de VeaKirchengebäude