Schutzgebiet in Natur- oder Landschaftsschutz
Sil-Schlucht
Caxide · Parada de Sil · Ourense · 2006
Foto: luimipi (foto sacada por min, no vrán 2005) · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗
Schutzgebiet in Natur- oder Landschaftsschutz in Caxide (Parada de Sil, Ourense), auf 214 m Höhe, 14,8 km von Monforte de Lemos.
Os canóns do río Sil están situados preto da unión entre o río Sil e o río Miño na zona da Ribeira Sacra. Este espazo natural abrangue unha área de superficie de 5.914 hectáreas nos concellos de Pantón, Sober, Nogueira de Ramuín e Parada de Sil e está declarado como zona especial de conservación (ZEC). Este tramo fluvial ten varios encoros e ten un aproveitamento turístico con aloxamentos ou paseos en catamarán nas augas. Nas ladeiras e arredores, nas que poden haber pendentes de ata 50º, atópanse os cultivos das vides da D.O. Ribeira Sacra. As viñas nas abas chegan mesmo ata a auga.
Xeografía e xeoloxía
Orografía
A orografía deste espazo natural resulta do forte desnivel entre as augas do Sil nos Peares (109 m) e a altura máxima da Pena do Xastre (1.014 m). Ten encoros como os de Santo Estevo ou San Pedro.
Xeoloxía
O canón do Sil xorde de procesos tectónicos e non fluviais. No cuaternario, ó comezar un basculamento da peniplanicie producíronse fracturas que quebraron o terreo en bloques e formando a canle pola que flúe o río Sil.[Cómpre referencia]
Clima
O seu clima é mediterráneo-húmido. Mostra importantes variacións xa que en áreas das ladeiras de solaina é mediterráneo-húmido e nas zonas máis ensombrencidas, como nas veigas e ribeiras de bosque, actúa como atlántico-superhúmido.
Flora e fauna
Flora
As ladeiras da marxe dereita están orientadas ó mediodía, polo que están en boa parte aproveitadas para o cultivo da vide en socalcos. Os soutobosques están maioritariamente compostos de onfalodes (Omphalodes nitida), érbedos (Arbutus unedo), uces brancas (Erica arborea), e piornos (Genista falcata e G. florida polygaliphylla). Nos bosques abundan as árbores ripícolas, como son os bidueiros (Betula pubescens), os castiñeiros (Castanea sativa) ou as abeleiras (Coryllus avellana).
Fauna
As especies piscícolas das augas do Sil que abundan son a troita (Salmo trutta fario), o escalo (Squalius carolitertii) e o espiñento (Gasterosteus aculeatus). Hai varías especies de réptiles e anfibios, entre os que destacan a ra patilonga (Rana iberica), a píntega (Salamandra salamandra), a cobra de colar (Natrix natrix) e a lagarta brava (Psammodronus algirus). Entre as aves, están presentes o corvo mariño grande (Phalacrocorax carbo), aves de rapina como a aguia caudal (Hieraetus pennatus), a aguia albela (Circaetus gallicus), o abelleiro europeo (Pernis apivorus) ou o falcón peregrino (Falco peregrinus). Así mesmo, atópanse na zona tódalas variedades de papuxa (Sylvia) existentes na Galiza. Destacan entre os mamíferos o morcego de orellas partidas (Myotis emarginatus), a xeneta (Genetta genetta) ou o gato montés (Felis silvestris).
Patrimonio
Patrimonio cultural
A xente transformou a paisaxe desta rexión co cultivo da vide en socalcos e a construción de grandes encoros.
Sendeirismo
O número de posibles itinerarios é enormemente amplo, se non case ilimitado. Dende Os Peares recoméndase percorre-la marxe esquerda do Sil, desviándose para toma-lo chamado Camiño da Barca, que leva por medio de densos bosques de castiñeiros cara ao mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil. Unha vez alí, é un momento ideal para encontrar os seus muíños e baixar dende o mosteiro ata a marxe do Sil onde estaba o antigo embarcadoiro que o comunicaba con outros mosteiros da Rivoyra Sacrata. Outra posibilidade é ir de Santo Estevo a Paradela, volvendo por Cerdeiriñas, polo camiño coñecido como "carreiro da amargura". O itinerario máis completo (22 km) é o que une pola ribeira sur do Sil os mosteiros de Santo Estevo e Santa Cristina. Este trazado unía antigamente Santo Estevo con Astorga e foi durante a Idade Media a principal liña de comunicación fluvial entre os mosteiros da "Rivoyra Sacrata", hoxe realizada polo catamarán. Este percorrido pasa por excelentes miradoiros naturais sobre o canón do Sil, tales como os de Alberguería, Cerreda, Vilouxe e O Coutiño, ata chegar á pequena península cuberta de castiñeiros onde se encontra o mosteiro de Santa Cristina.
Galería de imaxes
Outros artigos
Ribeira Sacra
Wikipedia-Text auf Galicisch, lizenziert unter CC BY-SA. Vollständigen Artikel lesen ↗
Fakten
Art Espazo natural protexido · Zona de especial conservación
Fläche 5.933 m²
Höhe hier ≈ 214 m · Terrain Tiles
Nächster Ort Monforte de Lemos, 14,8 km entfernt
Einwohner der Gemeinde 499 (2025) · IGE
Mit dem Bus hinkommen
- PORTELA592 m entferntCPI Virxe dos Remedios-Portela · CPI Virxe dos Remedios-Portela
Haltestellen des regionalen öffentlichen Nahverkehrs. Eine Haltestelle bedeutet nicht, dass heute ein Bus fährt: Die Linien sind nach Anzahl der Fahrten sortiert, und die Fahrpläne stehen auf bus.gal ↗.
In der Nähe
Miradoiro de CabezoásAussichtspunkt
Santuario da Nosa Señora de CadeirasWallfahrtskirche
Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de SilKirchengebäudeFoxo do lobo dos TorgásWolfsgrube
Igrexa de Santa Cristina de CaxideKirchengebäude
Igrexa de Santa María de ChandrexaKirchengebäude
Igrexa de Santa Mariña de Parada de SilKirchengebäude
Igrexa de Santiago de CerredaKirchengebäude