Kapelle
Capela das Ánimas
Pontevedra · 1898

Foto: Pvibahu · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
Sakralbau in Pontevedra, auf 17 m Höhe, 33 m vom Caminho Português de Santiago.
A Capela da Ánimas é un pequeno edificio relixioso néogótico de culto católico, situado no casco antigo da cidade de Pontevedra, na rúa das Ánimas, moi preto da praza de Curros Enríquez.
Historia
A capela atópase nunha pequena parte do soar no que estaba situado o vello Hospital de Pontevedra que funcionaba desde o século XV, co nome de Corpo de Deus, Corpus Christi e posteriormente San Xoán de Deus, a orde que o xestionaba. O devandito hospital tiña anexo o seu cemiterio coa súa igrexa e o seu altar de ánimas. Todo este conxunto foi demolido en 1896 cando xa se estaba construíndo o novo hospital da cidade, o Hospital Provincial de Pontevedra. Ante a perda desta referencia espiritual de varios séculos, os veciños decidiron pedir a construción dunha pequena capela na que se puidese continuar coa tradición dos seus antepasados. Deste xeito, ante a presión veciñal construíuse en 1898 esta pequena capela de estilo neogótico.
Descrición
A capela está dedicada ás almas en pena do purgatorio polas que se ofrecen esmolas para a súa salvación, e que así poidan alcanzar a felicidade no ceo. A fachada da capela, de estilo neogótico e de reducidas dimensións, atópase entre medianeiras. Ten unha porta cun arco oxival, acompañada de dúas ventás con arcos apuntados a cada lado. Enriba da porta de entrada atópase un pequeno van en forma de trevo de catro follas enmarcado por un círculo, representando unha cruz lobulada. Na parte superior a capela está coroada por unha cruz dentro dun círculo. No interior hai un retablo de madeira policromada de dúas fileiras cun total de seis figuras, representadas entre chamas, das cales as centrais son un bispo e un rei.
Outros artigos
Arquitectura neogótica Praza de Curros Enríquez
Wikipedia-Text auf Galicisch, lizenziert unter CC BY-SA. Vollständigen Artikel lesen ↗
Fakten
Art Kapelle
Stil Arquitectura neogótica
Geweiht ánimas do purgatorio
Höhe hier ≈ 17 m · Terrain Tiles
Nächster Ort Pontevedra, 143 m entfernt
Jakobsweg Caminho Português de Santiago, 33 m entfernt
Einwohner der Gemeinde 83.339 (2025) · IGE
Anfahrt
Adresse Travesía das Ánimas, 2
Mit dem Bus hinkommen
- Ponte do Burgo (praza de abastos)278 m entferntA Estrada E.A.-Matalobos (N-640)-Pontevedra E.A. · Santiago-Padrón-Caldas de Reis-Pontevedra · Cuntis-Moraña-Porráns-Pontevedra · Santiago-Padrón-Caldas de Reis-Pontevedra-AP-9-Vigo · Cuntis-Pontevedra E.A. · Lalín E.A.-Pazo de Oca-Pontevedra E.A.
- Ponte do Burgo (praza de abastos)290 m entferntPO:Estacións-A Xunqueira-Monteporreiro (Circular L1) · A Balea (casa Falcón)-Pontevedra E.A. · A Balea (casa Falcón)-Pontevedra E.A. · A Estrada E.A.-Matalobos (N-640)-Pontevedra E.A. · O Campo Lameiro (farola)-Pontevedra E.A. · Postemirón de arriba-O Sixtro-Ponte do Burgo (praza de abastos)
- Ponte do Burgo (praza de abastos)315 m entferntPO:Estacións-A Xunqueira-Monteporreiro (Circular L1) · O Campo Lameiro (farola)-Pontevedra E.A. · Postemirón de arriba-O Sixtro-Ponte do Burgo (praza de abastos) · Cambados E.A-Castrelo-Tanoira-Padrenda-Ribadumia-O Mosteiro-Curro-Pontevedra E.A. · O Castelo Alto-Pintos · Cambados E.A-Vilariño-Barrantes-Cabeza de Boi-Caticobas-San Vicente-Mosteiro-Curro-A Devesa-Pontevedra E.A.
Haltestellen des regionalen öffentlichen Nahverkehrs. Eine Haltestelle bedeutet nicht, dass heute ein Bus fährt: Die Linien sind nach Anzahl der Fahrten sortiert, und die Fahrpläne stehen auf bus.gal ↗.
In der Nähe
Basilika Santa María La MayorKathedrale
Mosteiro de San Salvador de LérezKloster
Convento de San Xoán de PoioKloster
Muralla de PontevedraBurg
Fortaleza e Torres Arcebispais (Pontevedra)Burg
Pazo de Castro MonteagudoPazo (galicischer Herrensitz)Pazo dos Gago e MontenegroPazo (galicischer Herrensitz)
Pazo dos Marqueses de ArandaPazo (galicischer Herrensitz)