Kapelle
Capela de San Martiño da Venda da Capela
A Gudiña · Ourense · 2000

A Venda da Capela é un lugar da parroquia de Pentes no concello ourensán da Gudiña, na comarca de Viana. Segundo o Instituto Galego de Estatística en 2019 tiña vinte habitantes (nove homes e once mulleres), dos cales cinco vivían no concello da Gudiña (tres homes e dúas mulleres) e quince en Vilariño de Conso (seis homes e nove mulleres). Neste lugar está a estación de Vilariño de Conso-A Capela. Pola aldea discorre a Vía da Prata do camiño de Santiago.
Wikipedia-Text auf Galicisch, lizenziert unter CC BY-SA. Vollständigen Artikel lesen ↗