Kapelle
Kapelle Santa María de Oza
Oza · A Coruña
Foto: Jorges65 · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗
Kapelle in A Coruna, Spanien, auf 10 m Höhe, 936 m vom Camiño Inglés.
A Capela de Santa María de Oza é un templo relixioso de estilo románico construído entre mediados e finais do século XII e reformado nos séculos XVII e XVIII. Está situada na parroquia de Oza, no concello da Coruña. Trala anexión do concello de Oza polo da Coruña en 1912, converteuse nun dos edificios máis antigos do concello herculino. Forma parte do Conxunto Histórico-Artístico do antigo Sanatorio de Oza.
Historia
A Capela de Santa María de Oza foi construída na segunda metade do século XII, sendo a sé parroquial ata a inauguración da nova Igrexa de Oza –situada en Monelos– en 1863. O templo foi atacado en 1589 polas tropas de Francis Drake durante o desembarco británico en Santa María de Oza, no marco do ataque inglés sobre A Coruña no que María Pita defendeu a cidade. Foi restaurada dos danos sufridos en 1592. Sufriu reformas durante o século XVII, no que se lle engadiron dúas capelas máis, e no século XVIII, no que se construíu a portada actual de estilo barroco. En 1889, o Arcebispado de Compostela cedeu o templo ó lazareto construído nos seus arredores. No ano 1910, a igrexa foi cedida ó Sanatorio Marítimo de Oza recentemente creado, acollendo as cerimonias relixiosas do persoal e mais dos acollidos durante bastantes anos, aínda que posteriormente deixou de ser utilizado. En 1954, coa creación da parroquia da Nosa Señora do Carme no barrio dos Castros, pensouse en empregala como sé parroquial, pero finalmente non se levou a cabo. Foi restaurada en 1993, pero dende aquela non se lle deu uso e sufriu deterioración, ata o punto de que en 2009 a espadana estivo a piques de derrubarse, sendo reparada polo SERGAS –titular do edificio– a comezos de 2011. Diversos colectivos veciñais teñen protestado pola situación de abandono na que se atopa o histórico templo.
Descrición
Ten unha soa nave, con ábsida rectangular cuberta con bóveda de canón. Engadíronselle dúas capelas asimétricas no século XVII. A capela norte, de bóveda de canón adornada con casetóns, foi feita a expensas do nobre Lorenzo Bermúdez de Figueroa e nela atópase un escudo do século XVII. A sur tamén é de bóveda de canón e cun arco de faixa na metade da planta. A portada está feita en cantaría, cun van e unha característica espadana barroca que actualmente non ten campás. Nos arredores do templo atopábase o antigo cemiterio parroquial, que posteriormente foi trasladado preto da nova Igrexa de Oza.
Cruceiro
A carón da capela atópase un cruceiro construído no século XVIII, aínda que a cruz desapareceu, posiblemente por causa dun roubo. Foi bendicido polo párroco José Gil Taboada y Morado e o seu custo foron 553 reais. Está catalogado como Ben de Interese Cultural.
Outros artigos
Igrexa de Santa María de Oza
Wikipedia-Text auf Galicisch, lizenziert unter CC BY-SA. Vollständigen Artikel lesen ↗
Fakten
Art Kapelle
Geweiht Santa María
Geschosse 1
Auch genannt Capela Santa María de Oza
Höhe hier ≈ 10 m · Terrain Tiles
Nächster Ort A Coruña, 2,6 km entfernt
Jakobsweg Camiño Inglés, 936 m entfernt
Einwohner der Gemeinde 251.277 (2025) · IGE
Anfahrt
Adresse 1A, 15006, A Coruña
Mit dem Bus hinkommen
- CHUAC327 m entferntSan Pedro de Nós-Teatro Colón · IES Miraflores (piscina Piñeiro)-Teatro Colón · Lorbé-Mera-Rialta-Santa Cruz-Teatro Colón · Sada hotel Sada Palace-Santa Cruz-Teatro Colón · Sada (hotel Sada Palace)-Oleiros-San Pedro de Nós-Teatro Colón · Betanzos (praza)-A Coruña E.A.-Betanzos (praza)(circular)
- CHUAC394 m entferntTeatro Colón-San Pedro de Nós · Teatro Colón-Santa Cruz-Rialta-Mera-A Valexa · Teatro Colón-Santa Cruz-Sada (hotel Sada Palace) · Teatro Colón-IES Miraflores (piscina Piñeiro) · Teatro Colón-San Pedro de Nós-Oleiros-Sada (hotel Sada Palace) · Betanzos (praza)-A Coruña E.A.-Betanzos (praza)(circular)
- CHUAC445 m entferntOURENSE E.I.-CORUÑA E.A. · Viveiro E.A. - As Pontes - Coruña E.A. (por AP-9 en Cabanas) · As Pontes - Coruña E.A. (por AP-9 en Cabanas)
Haltestellen des regionalen öffentlichen Nahverkehrs. Eine Haltestelle bedeutet nicht, dass heute ein Bus fährt: Die Linien sind nach Anzahl der Fahrten sortiert, und die Fahrpläne stehen auf bus.gal ↗.
