Kapelle

Capela do Nazareno

Pontevedra · 1400

Capela do Nazareno, kapelle en Pontevedra

Foto: Pvibahu · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

Sakralbau in Pontevedra, auf 20 m Höhe, 101 m vom Caminho Português de Santiago.

A Capela do Nazareno é un edificio relixioso de culto católico, coa categoría de capela, situado no casco antigo da cidade de Pontevedra, na rúa Duque de Tetuán, en fronte do Teatro Principal.

Historia

A capela ten as súas orixes no século XIV. Crese que pertenceu á igrexa parroquial de San Bartolomeu o Vello, que estaba neste lugar, ocupando o espazo do actual Teatro Principal. Outra teoría é que podería pertencer ao pazo dos Mendiño, xa que a torre medieval estaba situada xusto á beira. Na construción aínda hoxe nótanse os grandes perpiaños da vella torre. Do outro lado da capela abríase unha rúa, hoxe tapiada por unha casa con balcón. A capela existente nos seus inicios neste lugar no século XIV denominábase Capela das Emparedadas. Era chamada así por recluírse nela algunhas devotas que tras a súa entrada selaban a porta con tapias salvo unha pequena rañura pola que se lle administraban os sacramentos e os alimentos. Esa rúa xa recibía segundo o profesor Xosé Filgueira Valverde a denominación de rúa das Emparedadas a mediados do século XIII. O culto a Xesús Nazareno conta con máis de 100 anos de historia na cidade de Pontevedra. Non se coñece exactamente o momento no que empezou, pero a principios do século XX a rúa Duque de Tetuán na que se localiza a capela chamábase rúa de Xesús Nazareno e a capela xa recibía entón miles de devotos.

Descrición

A capela, que se cre que foi a antiga sancristía do desaparecido templo de San Bartolomeu O Vello, xa foi citada varias veces a finais da Idade Media como unha pequena construción que tiña na súa fachada unha pequena imaxe en pedra da Virxe. É unha capela de pequenas dimensións e está encostada a outras construcións polas paredes testeiras. Os muros son de perpiaño de granito e a cuberta de madeira e tella galega. A porta de acceso, situada no lateral sur, é de arco rebaixado. Con posterioridade labráronse orelleiras inferiores e superiores para adaptala á moda barroca, pois a capela é de orixe medieval. Á beira da porta hai unha troneira. A capela ten embutida na súa fachada unha pequena imaxe en pedra da Virxe. Conta cunha gran devoción e é moi visitada o día do Nazareno para pedirlle as tres grazas: saúde, traballo e amor. O primeiro venres de marzo é o único día en que se abre esta capela. O resto do ano só pódese invocar ao Nazareno desde o exterior, a través da porta enreixada. No interior atópase un retablo barroco cego de tres partes, estando no centro a imaxe de Xesús Nazareno e nas laterais dúas imaxes da Virxe do Neno. Tamén hai unha imaxe da Virxe das Dores. A imaxe do Nazareno a cuxo culto está dedicada procede de Madrid. Nos conventos de San Francisco e Santa Clara da cidade tamén se gardan imaxes do Nazareno que se veneran en Pontevedra.

Outros artigos

Arquitectura do Barroco Xesús de Nazaret

Wikipedia-Text auf Galicisch, lizenziert unter CC BY-SA. Vollständigen Artikel lesen ↗

Fakten

Art Kapelle

Stil Arquitectura barroca

Geweiht Katholisch

Auch genannt Capela das Emparedadas

Höhe hier ≈ 20 m · Terrain Tiles

Nächster Ort Pontevedra, 252 m entfernt

Jakobsweg Caminho Português de Santiago, 101 m entfernt

Einwohner der Gemeinde 83.339 (2025) · IGE

Anfahrt

Adresse Rúa Duque de Tetuán, 4

Auf der Karte ansehenAuf Wikipedia lesenRoute

Mit dem Bus hinkommen

Haltestellen des regionalen öffentlichen Nahverkehrs. Eine Haltestelle bedeutet nicht, dass heute ein Bus fährt: Die Linien sind nach Anzahl der Fahrten sortiert, und die Fahrpläne stehen auf bus.gal ↗.

In der Nähe