Dolmen
Casarota do Fusiño
A Pobra do Caramiñal · A Coruña

A Casarota do Fusiño é un dolmen situado na parroquia de Lampón, no concello de Boiro, na serra do Barbanza.. == Descrición == O dolmen estaba recuberto orixinalmente por unha mámoa duns 21 x 16 m, cuxos restos aínda se aprecian. Está formado por once ortóstatos que precedían e rodeaban a cámara funeraria poligonal. A losa superior está caída. Xunto coa Arca do Barbanza e a Casota do Páramo é un dos tres maiores dolmens da contorna. Non obstante, fica illada doutras necrópoles próximas, e non se incluíu na Ruta das Mámoas. == Notas == == Véxase tamén == === Bibliografía === Boga Moscoso, Ramón (1997). Dólmenes de Galicia. Arquitectura das grandes pedras. A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-89803-13-7. === Outros artigos === Lista de megálitos de Galicia
Wikipedia-Text auf Galicisch, lizenziert unter CC BY-SA. Vollständigen Artikel lesen ↗