Conjunto histórico-artístico
Altstadt von Vigo
Vigo · Pontevedra

O centro histórico de Vigo, tamén denominado Casco Vello en documentos oficiais, é a parte máis antiga da cidade correspondente ao primitivo asentamento urbano. Está constituído, a grandes trazos, pola parte da cidade localizada no interior da antiga muralla medieval, constuída no ano 1656 como medida de protección fronte as invasións, sobre todo marítimas por parte de corsarios e terrestres desde Portugal. Malia que a meirande parte da estrutura foi derruída en 1858, aínda se conservan algúns fragmentos, así como dúas construcións que formaban parte dela: o castelo de San Sebastián e a fortificación do Castro. Entre os monumentos e lugares senlleiros, destacan a Concatedral de Santa María de Vigo, as prazas da Constitución, A Pedra ou a porta do Sol, así como multitude de edificios civís de estilo modernista eclecticista. O centro histórico da cidade posúe unha gran riqueza arquitectónica e conserva numerosos restos das épocas medieval, moderna e contemporánea. == Historia == Vigo e a súa comarca estiveron poboados desde tempos antigos. A cultura castrexa, que abrangue toda a Idade de Ferro, desenvolveuse en Galicia dende o século VIII a.C. ata a fin do I d.C., xa en plena época romana. Esta cultura deixou en Vigo importantes pegadas, como amosa a existencia de 26 castros catalogados. Este dato leva a pensar que nesta época Vigo tivo unha das maiores densidades de poboación de toda Galicia. O maior destes poboados era o situado no lombeiro do monte do Castro. Os seus habitantes vivían da agricultura, actividade que complementaban coa caza e a pesca. Eran unha poboación hábil na forxa do ferro e o tallado da pedra. O proceso de romanización durou preto de seiscentos anos dos que quedaron relevantes vestixios investigados en numerosas escavacións arqueolóxicas: vilas (villae), espalladas por todo o litoral (Alcabre, Toralla…), restos de instalacións portuarias, rúas, instalacións industriais (salinas e factorías de salgado), necrópoles, restos afundidos, ademais dunha intensa romanización dos poboados castrexos do concello. Recentes intervencións arqueolóxicas na zona do Areal e na zona antiga puxeron de manifesto a posible existencia, polo menos entre os séculos III e VI d.C., dun importante asentamento, o vicus romano. A información dispoñible sobre da Idade Media é moi escasa, especialmente durante a Alta Idade Media. Foi un período no que as incursións xermánicas e os ataques piratas procedentes do norte de Europa fixeron que a poboación se desprazase cara ao interior buscando maior seguridade. En 1587 a vila contaba con 868 veciños, pero as epidemias da peste e os ataques piratas limitaron o seu crecemento demográfico. Os armadores vigueses organizaron a defensa da ría, rexeitando en 1589 o ataque dunha armada inglesa dirixida por Francis Drake (que xa atacara a cidade en 1585) e conseguiron da coroa española a patente de corso para saquea-los barcos comerciais inimigos. Ante as sucesivas acometidas (como a dos piratas alxerianos en 1617), e en tempos de guerra con Portugal, acométese a construción da muralla en 1665. É así como comeza a se configurar a morfoloxía da cidade. A muralla contaba con seis portas de acceso: Porta do Pracer, Porta do Sol, Porta da Gamboa, Porta da Laxe, Porta da Ribeira e a Porta da Falperra. A muralla estaba protexida por once baluartes e baterías artilleiras. == Lugares e monumentos de interese == === Edificios relixosos === Entre os edificios relixosos do centro histórico destaca a Concatedral de Santa María de Vigo, situada na praza da Igrexa. Tamén destaca a Igrexa de Santiago de Vigo. === Edificios civís === Os edificios civís máis importantes da zona antiga viguesa son Castelo de San Sebastián e a foriticación do Castro.…
Wikipedia-Text auf Galicisch, lizenziert unter CC BY-SA. Vollständigen Artikel lesen ↗
Chegar en bus
- Praza Porta do Sola 86 mSantiago (por San Lázaro)-Pontevedra-Vigo (por AP-9)(X)
- Praza Porta do Sola 88 mSantiago (por San Lázaro)-Pontevedra-Vigo (por AP-9)(X)
- Náuticoa 194 mCangas de Morrazo E.A.-Bouzas · San Esteban-Bouzas · Cangas de Morrazo E.A.-Bouzas-Hospital Álvaro Cunqueiro · San Esteban-Bouzas
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.