Wallburg
Castro da Torre de Sobredo
Folgoso do Courel · Lugo

O castro de Sobredo, torre do Castro ou castro da Torre, é un castro lucense que está no lugar de Sobredo, en Folgoso do Courel. Atópase ao norte de Sobredo, camiño da Ferrería Vella. É un Ben de Interese Cultural (BIC) catalogado.
Morfoloxía
O castro está localizado na ladeira do monte da Golada orientado cara ao sueste, mirando cara ao val do río Lor. É un castro fortificado con 16 vivendas no seu interior, en socalcos. O castro está dentro dun foxo defensivo de 120 metros de longo, de 5 a 20 metros de ancho e cunha profundidade de ata 17 metros. Na súa cabeceira, en dirección ao noroeste, atópanse os restos dunha torre. Esta torre dálle nome ao castro.
Arqueoloxía
O castro é da idade de ferro e consérvase en bo estado de conservación. As zonas máis alteradas son por esvaementos na pendente do monte onde se empraza.
Galería de imaxes
Outros artigos
Cultura castrexa Castros da provincia de Lugo
Wikipedia-Text auf Galicisch, lizenziert unter CC BY-SA. Vollständigen Artikel lesen ↗