Wallburg

Castro de Bexo

Dodro · A Coruña

Aínda non hai foto de Castro de Bexo

Se tes unha, súbea a Wikimedia Commons ↗ coas coordenadas postas e chegará soa a este mapa e a calquera outro que use datos abertos. Ou mándanola.

{{Location|42.70029|-8.75006}}

O castro de Bexo é un poboado castrexo da Idade de Ferro e de época romana, sito na aldea de Bexo (San Xoán de Laíño, Dodro).

Descrición

É un dos poboados máis grandes da zona, pero está mal catalogado e na súa ficha non aparecen as súas verdadeiras dimensións. Dende a súa coroa hai unhas vistas excelentes da ría de Arousa e do Baixo Ulla. Case non quedan restos pétreos polo espolio de pedra que se fixo nel para construír casas en Bexo, Teaio, Burés e A Vacariza; quedando no castro, aínda hoxe en día, restos do traballo das pedras polos canteiros. O montículo catalogado como un castro independente (GA15072016) é parte deste castro, máis que un poboado en si. En 2016 o concello comezou os traballos para estudar e poñer en valor a zona.

Wikipedia-Text auf Galicisch, lizenziert unter CC BY-SA. Vollständigen Artikel lesen ↗

Auf der Karte ansehenAuf Wikipedia lesenRoute

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

In der Nähe