Wallburg

Castro de Morás

Xove · Lugo

Castro de Morás

O Coto da Vela é un castro que se atopa entre as parroquias de Morás e Portocelo do concello de Xove, na provincia de Lugo. Está catalogado pola Dirección Xeral de Patrimonio co código GA27025003 e incluído no planeamento urbanístico do concello de Xove. == Morfoloxía == Está asentado sobre un terreo elevado á beira do mar Cantábrico. Pódense distinguir varios grupos de estruturas a simple vista, como a croa e os seus muros, o antecastro e os muros defensivos asociados ós foxos. Está formado por un recinto superior e tres aterrazamentos sucesivos. A croa presenta unha planta ovalada reforzada cunha muralla de terra e pedra onde instalaron un vértice xeodésico. Mide uns 110 metros de norte a sur e uns 80 metros de leste a oeste. O conxunto atópase defendido por un terraplén en todo o seu perímetro agás polo NO onde a pendente se prolonga ata o mar. Ao seu pé, baixo os cantís, hai unha pequena praia que recibe o nome de Sucastro. == Lendas == Segundo unha información recollida no colexio público de Xove en 1989, no lugar vivía un rei que reinaba sobre este castro e outros sete máis. == Notas == == Outras imaxes == == Véxase tamén == === Outros artigos === Castros de Galicia Castro de Burela Castro de Rueta

Wikipedia-Text auf Galicisch, lizenziert unter CC BY-SA. Vollständigen Artikel lesen ↗

Auf der Karte ansehenAuf Wikipedia lesenRoute

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

In der Nähe