Wallburg

Castro de Morro Canide

Oleiros · A Coruña

Castro de Morro Canide

O castro de Morro Canide, tamén chamado Castrillón, é un castro situado na parroquia de Maianca, no concello coruñés de Oleiros.

Morfoloxía

Na actualidade non se aprecian estruturas visibles do recinto fortificado. As recentes obras de urbanización da área alteraron moito a orografía do lugar. Hai indicios da existencia dun poboado da Idade de Ferro polo achado de varios fragmentos de cerámica castrexa e común romana, depositados actualmente no Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de Santo Antón.

Arqueoloxía

Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas.

Outros artigos

Cultura castrexa Castros da provincia da Coruña

Wikipedia-Text auf Galicisch, lizenziert unter CC BY-SA. Vollständigen Artikel lesen ↗

Auf der Karte ansehenAuf Wikipedia lesenRoute

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

In der Nähe