Conjunto histórico-artístico

Altstadt von Santiago de Compostela

Santiago de Compostela · A Coruña

Altstadt von Santiago de Compostela

A cidade vella de Santiago de Compostela é unha zona urbana da capital galega caracterizada pola súa arquitectura antiga e monumental. Foi elixida como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1985, satisfacendo 3 dos criterios suficientes de selección: I. Representar unha obra mestra do xenio creativo humano. II. Testemuñar un importante intercambio de valores humanos ao longo dun período de tempo ou dentro dunha área cultural do mundo, no desenvolvemento da arquitectura ou tecnoloxía, artes monumentais, urbanismo ou deseño paisaxístico. VI. Estar directa ou tanxiblemente asociado con eventos ou tradicións vivas, con ideas ou con crenzas, con traballos artísticos e literarios de destacada significación universal. (O comité considera que este criterio debe estar preferentemente acompañado doutros criterios). O centro histórico da cidade medrou arredor da catedral a partir do mítico achado do sepulcro do Apóstolo Xacobe no ano 813, atraendo a peregrinación de millóns de persoas durante séculos nun dos fenómenos mais salientables da historia medieval. As edificacións que foron construídas na cidade antiga durante ás épocas románica, gótica e barroca, fixeron dela unha das zonas urbanas mais fermosas do mundo, converténdose nun lugar de culto cun grande esplendor artístico.

Edificios relixiosos

Catedral de Santiago de Compostela Mosteiro de San Martiño Pinario Convento de San Francisco do Val de Deus Mosteiro de San Paio de Antealtares Capela de Ánimas Igrexa de San Fiz de Solovio Convento de San Domingos de Bonaval Convento das Orfas Convento de Santo Agostiño Igrexa de San Frutuoso

Edificios civís

Hostal dos Reis Católicos Pazo de Raxoi Colexio de San Xerome Pazo de Fonseca Pazo de Xelmírez Casa da Parra Casa da Conga Casa do Cabido Pazo de Baamonde Casa da Troia Colexio de San Clemente Muralla de Santiago de Compostela Arco de Mazarelos Colexio Compañía de María de Santiago de Compostela

Prazas

Praza do Obradoiro Praza da Quintana Praza do Toural Praza de Cervantes Praza das Pratarías Praza do Paraíso Praza de Abastos

Rúas

Rúa do Franco Rúa do Vilar Rúa da Acibecharía

Wikipedia-Text auf Galicisch, lizenziert unter CC BY-SA. Vollständigen Artikel lesen ↗

Auf der Karte ansehenAuf Wikipedia lesenRoute

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

In der Nähe