Konvent

Konvent von Santa Bárbara

A Coruña · 1500

Konvent von Santa Bárbara, konvent en A Coruña

Foto: Diego Delso · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

Konvent in La Coruña, Spanien, auf 26 m Höhe, 160 m vom Camiño Inglés.

O convento de Santa Bárbara é un convento de clausura situado na praza homónima da Cidade Vella da Coruña.

Historia

O convento construíuse sobre unha capela do século XV próxima á muralla. Aparece citado por primeira vez nun documento de 1444 e a súa fundación foi aprobada en 1491 polo papa Alexandre VI. A partir do século XVI o convento consolidouse e recibiu un gran número de doazóns. Ademais, dende mediados dese século, os membros da Real Audiencia de Galicia participaban nos oficios de Xoves Santo e Venres Santo na igrexa do convento. En 1683 acolleu as monxas capuchinas que chegaron para fundar o convento das Marabillas, mentres se erguía o edificio nas Panadeiras. O edificio foi modificado e ampliado en múltiples ocasións, por exemplo, no século XVIII, grazas ao incremento das súas rendas, edificouse o "pavillón inglés". No século XIX houbo varios desaloxos do edificio: en 1809 por orde das autoridades francesas, en 1823 no contexto do "trienio liberal" e, de forma definitiva, en 1846 pola desamortización de Mendizábal. En 1971, o conxunto histórico da contorna do convento foi declarado ben de interese cultural gozando dende entón da máxima protección patrimonial. O mosteiro integrouse na Orde de Santa Clara no ano 1912 e contaba cunha comunidade de 18 clarisas descalzas no 2021. Coma noutros conventos galegos das clarisas, existe a tradición de doar ovos á comunidade para pedir polo bo tempo nos días dos casamentos.

Descrición

Do edificio medieval non se conserva máis que o relevo que preside a porta e que foi colocado aí en 1613 e que puido pertencer a un baldaquino ou a un sartego gótico do século XIV. Representa a peregrinación como unha das vías penitenciais para a salvación. Mostra o Xuízo Final e está presidido pola Trindade; o Pai Eterno sostén a Cristo crucificado, acompañado pola lúa e o sol. Á esquerda, o arcanxo San Miguel pesa as almas de peregrinos e monxes que van chegando pola dereita, entre árbores. Á dereita aparecen San Miguel e un dragón. No interior, outro relevo (pertencente talvez á capela primitiva) mostra a Santa Catarina e a Santa Bárbara. Consérvase ademais un arco apuntado. O edifico posúe un patio de acceso á igrexa e unha torre miradoiro de planta cadrada, en cuxa parte superior hai fiestras enreixadas. O lenzo mural que pecha a praza á que dan os dormitorios das monxas foi deseñado por Fernando de Casas Novoa e iniciado en 1738. A lentitude da súa construción explica a data 1786 que aparece na fachada. Esta á do conxunto é denominado "pavillón inglés" e ademais dos espazos para as celas das monxas, conta co portón para os carros.

Wikipedia-Text auf Galicisch, lizenziert unter CC BY-SA. Vollständigen Artikel lesen ↗

Fakten

Art Convento

Geweiht Katholisch

Geschosse 4

Auch genannt Convento de Santa Clara · Mosteiro de Santa Bárbara · Convento das Bárbaras

Höhe hier ≈ 26 m · Terrain Tiles

Nächster Ort A Coruña, 366 m entfernt

Jakobsweg Camiño Inglés, 160 m entfernt

Einwohner der Gemeinde 251.277 (2025) · IGE

Auf der Karte ansehenAuf Wikipedia lesenRoute

Mit dem Bus hinkommen

Haltestellen des regionalen öffentlichen Nahverkehrs. Eine Haltestelle bedeutet nicht, dass heute ein Bus fährt: Die Linien sind nach Anzahl der Fahrten sortiert, und die Fahrpläne stehen auf bus.gal ↗.

In der Nähe