Konvent
Convento do Carme de Padrón
Padrón · A Coruña

O convento do Carme de Padrón é un mosteiro católico edificado no século XVIII en Padrón (A Coruña). Pertencente orixinariamente á Orde dos Carmelitas Descalzos, actualmente acolle a Orde dos Predicadores. == Situación == Construído sobre a rocha, accédese culminando a chamada Costa do Carme na parroquia de Santiago de Padrón. O conxunto está situado nunha aba do monte de San Gregorio, moi próximo o curso do río Sar aínda que nun paraxe elevado que permite albiscar a vila de Padrón e os seus arredores. == Descrición == O Convento do Carme foi construído en estilo neoclásico entre 1729, cando se colocou a primeira pedra, e 1762. Ten tres alturas, a planta é rectangular e foi edificado con pedra de cantaría. A fachada principal do convento e da igrexa ábrense o adro, que pechado cunha balaustrada domina o val do Sar. A fachada consiste nun corpo central flanqueado por outros dous corpos laterais que serven de campanarios. Estes están coroados por dúas espadanas e dous vans para as campás, aínda que estaban previstas unhas torres que non se chegaron a realizar. O seu corpo central imita a disposición da fachada do Real Mosteiro da Encarnación de Madrid, agás das dúas fiestras, que no caso madrileño ábrense a cada lado da fornela sobre a entrada central e que no padronés están ocupadas por dous escudos. A portada deste corpo central é ampla, con tres arcos sobre pilastras. Sobre o friso e entre dous escudos destaca a imaxe en pedra de San Xosé, obra de Xosé Ferreiro. Cinco fiestras ábrense á fachada que culmina nun frontón recto con óculo. A igrexa conventual está consagrada a San Xosé, consta de tres naves e destaca o retablo da Nosa Señora do Carme obra de Francisco de Lens, peza considerada como unha das pioneiras do rococó galego. == Historia == A finais do século XVII o clérigo padronés Alonso de la Peña Montenegro, bispo de Quito, legou ao seu sobriño, Juan Domínguez Fabeiro, a cantidade de 40 000 pesos para que se patrocinase o establecemento dun convento da Orde dos Carmelitas Descalzos en Padrón. Esta sería a primeira comunidade carmelitana descalza en Galicia, aínda que de la Peña xa apoiara a súa difusión en América. Os freires chegaron en 1715 para rexentar un hospicio, as obras do convento non comezaron ata 1729. Estas foron iniciadas pola cabeceira da igrexa e e estiveron dirixidas por arquitectos da propia orde, como frei Juan de Santa Teresa, frei José de los Santos e frei José del Espíritu Santo. As obras demoráronse ata 1762, aínda que dez anos antes xa se completara a igrexa. No século XIX a Guerra de Independencia supuxo importantes perda para a súa biblioteca. En 1835, o Convento do Carme foi exclaustrado vítima da desamortización de Mendizábal. O Concello de Padrón empregou o recinto como teatro, xulgado de primeira instancia e almacén. A principios do século XX, instaláronse nel frades dominicos, que nos anos seguintes abriron un centro de ensino. Actualmente (2022), o convento segue baixo a orde dominicana e custodia unha biblioteca especializada en libros de relixión e filosofía. == Notas ==
Wikipedia-Text auf Galicisch, lizenziert unter CC BY-SA. Vollständigen Artikel lesen ↗
Chegar en bus
- Padrón (institutos)a 204 mSantiago E.I.-Lestrobe-Araño-Ribeira E.A. · Santiago E.I.-Lestrobe-Araño-Ribeira E.A. · Morono-Padrón E.A. · Morono-Padrón E.A.
- Padrón Praza de Abastosa 309 mPino Do Val - Padrón E.A. · Noia E.A. - Padrón E.A. · Noia E.A. - Padrón E.A. · Pino Do Val - Padrón E.A.
- Padrón (xardín botánico)a 356 mSinde (cruzamento Outeiro)-Herbón-Padrón E.A. · Sinde (cruzamento Outeiro)-Herbón-Padrón E.A. · Sinde (cruzamento Outeiro)-Freixeiro-Herbón-Padrón E.A. · Sinde (cruzamento Outeiro)-Freixeiro-Herbón-Padrón E.A. · Herbón-Padrón E.A. · Herbón-Padrón E.A.
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.