Leuchtturm
Faro de Cabo Prioriño
Ferrol · 1854
%2002.jpg?width=640)
O faro de cabo Prioriño é un faro situado no cabo Prioriño, na parroquia de Doniños, no concello de Ferrol. Está xestionado pola Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao. == Historia == Trátase dunha torre hexagonal, con farol e galería, construída en 1854 fronte a unha portería de cachotería dunha planta. A torre é de pedra sen pintar e a casa está pintada de branco con pedra vista sen pintar. A cúpula da lanterna está pintada de branco. Este faro eríxese ao final da península a 15 km ao suroeste de Ferrol, marcando a entrada á ría de Ferrol e o achegamento ao porto de Ferrol. O faro resultou moi danado por actos vandálicos en 1990 e quedou fóra de servizo durante varios meses. En 1995 o sistema óptico substituíuse por unha lente de Fresnel acrílica e a súa fonte de enerxía converteuse de novo en enerxía eléctrica. == Véxase tamén == === Bibliografía === Sanchez Terry, Miguel Ángel (1987). Faros españoles del océano. Ministerio de Obras Públicas e Urbanismo. === Outros artigos === Lista de faros de Galicia
Wikipedia-Text auf Galicisch, lizenziert unter CC BY-SA. Vollständigen Artikel lesen ↗