Gastronomisches Fest
Festa da filloa de Valongo
Cerdedo Cotobade · Pontevedra · 1979

A festa da filloa de Valongo é unha festa gastronómica que ten lugar en Valongo (Cerdedo Cotobade) para exaltar a filloa. Celébrase desde 1979 o primeiro sábado de setembro, a véspera da romaría da Nosa Señora do Libramento. == Características == A festa comeza o venres cunha churrascada. O sábado ten lugar o concurso degustación, con filloas preparadas en tixola ou á pedra. Os doces, elaborados con fariña, leite, ovos e sal, adoitan ir recheos de produtos como chocolate fundido, mel, crema pasteleira, marmelada ou nata. A celebración comezou en 1979 da man de Amadeo Redondo Fraguas xunto con Jesús Moldes Monroy e Manuel Caramés Fernández, e posteriormente potenciada por amigos seus entre os que destaca Manuel Antas Fraga, un veciño da parroquia emigrado a Salvador de Bahia (Brasil). A festa acompáñase de actos relixiosos e dunha verbena, na que actuaron orquestras como a Sintonía, ou Los Satélites e artistas como Georgie Dann, Conchita Bautista ou Fuxan os Ventos. == Véxase tamén == === Ligazóns externas === "A festa da filloa del indiano", artigo de Primitivo Carbajo en El País, 6 de setembro de 2008 (en castelán). "Valongo celebra a trixésima quinta edición da súa Festa da Filloa", atigo de Laura Díaz no Diario de Pontevedra, 31 de agosto de 2013.
Wikipedia-Text auf Galicisch, lizenziert unter CC BY-SA. Vollständigen Artikel lesen ↗
Chegar en bus
- Valongo (O Quinteiro marquesiña)a 176 mAguasantas-Pontevedra E.A.
- Valongo (O Quinteiro marquesiña)a 188 mAguasantas-Pontevedra E.A.
- Valongo (Paciño-A Casanova)a 512 mAguasantas-Pontevedra E.A.
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.
In der Nähe
- Casa da BrañaPazo
- Igrexa de San Martiño de RebordeloKirchengebäude
- Ponte do PesoBrücke
- Igrexa de Santiago de AntasKirchengebäude
- Igrexa de San Salvador da LamaKirchengebäude
- Igrexa de San Sebastián de CoveloKirchengebäude
- Igrexa de Santa María de AguasantasKirchengebäude
- Igrexa de Santiago de LoureiroKirchengebäude