Schutzgebiet in Natur- oder Landschaftsschutz
Fraga de Catasós
Catasós · Lalín · Pontevedra · 2000
Foto: Jglamela · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
Schutzgebiet in Natur- oder Landschaftsschutz in Catasós (Lalín, Pontevedra), auf 590 m Höhe, 2,5 km vom Camiño Xabrés.
A fraga de Catasós, a carballeira ou souto de Quiroga, é unha fraga (ou souto mixto) declarada árbore senlleira e monumento natural no ano 2000 e que se sitúa no lugar de Quintela, Catasós, no concello pontevedrés de Lalín. Tamén se coñece co nome de "carballeira" xa que a maior parte dos exemplares dominantes son carballos. Como tamén salienta polos seus senlleiros castiñeiros tamén se lle emprega "souto". Algunhas destas árbores teñen varios centos de anos, até 5 metros de circunferencia e máis de 30 metros de altura (os máis altos de Europa).
Descrición
É un reduto de fraga (bosque caducifolio mixto atlántico) que ocupa unha superficie total 4.5185 hectáreas. Aséntase sobre micacitas metamórficas prehercinianas básicas, que dan lugar a solos pardos acedos, de alta produtividade forestal. A área pertence á rexión eurosiberiana, provincia atlántica-europea e subprovincia cántabro-atlántica, e adscríbese ao sector galaico-portugués. Encóntrase nunha zona de transición entre o dominio climático oceánico de montaña e oceánico húmido con tendencia á aridez estival, cunha precipitación media anual de 1.290 mm, unha temperatura media de 12,7 °C e unha media de 293 días libres de xeadas. Sitúase a unha altitude aproximada de 550 m sobre o nivel do mar.
Especies de importancia
Destacan no espazo a presenza de: o carballo común, Quercus robur. o castiñeiro, Castanea sativa, algún senlleiros e dos maiores do continente. Foron aproveitados coma soutos para produción de castañas e madeira (fabricación de moblaxe, trabes e leña). a Narcissus cyclamineus, un amarelle, herbácea endémica de Galicia e norte de Portugal, recollida no anexo II da Directiva Hábitats, considérase vulnerable en Galicia. e a vacaloura (Lucanus cervus), recollida no anexo II da Directiva Hábitats, considérase vulnerable en Galicia.
Situación
A fraga atópase a uns 4 km da vila de Lalín, preto da estrada N-525 entre Santiago de Compostela e Ourense. Posúe unha curta e sinxela ruta para practicar sendeirismo, un paseo fluvial a través da fraga moi ben sinalizada.
Wikipedia-Text auf Galicisch, lizenziert unter CC BY-SA. Vollständigen Artikel lesen ↗
Fakten
Art Bosque · Espazo natural protexido
Fläche 5 m²
Höhe hier ≈ 590 m · Terrain Tiles
Nächster Ort Lalín, 3,1 km entfernt
Jakobsweg Camiño Xabrés, 2,5 km entfernt
Einwohner der Gemeinde 20.255 (2025) · IGE
Mit dem Bus hinkommen
- Gate (Quintela)249 m entferntIES Ramón Mª Aller Ulloa-Castro Dozón (enlace) · IES Ramón Mª Aller Ulloa-Castro Dozón (enlace) · CEIP Xesús Golmar-Catasós · CEIP Xesús Golmar-Gate (Quintela)
- Gate (Covas)671 m entferntCEIP Xesús Golmar-Catasós · CEIP Xesús Golmar-Gate (Quintela)
- Catasós (N-525)672 m entferntSantiago-Lalín-Ourense · Hospital de Conxo-CHUS- Santiago E.I.-Lalín-Ourense E.I. · A Coruña-AP9-H.Conxo-CHUS-Santiago-Lalín-Ourense-Verín
Haltestellen des regionalen öffentlichen Nahverkehrs. Eine Haltestelle bedeutet nicht, dass heute ein Bus fährt: Die Linien sind nach Anzahl der Fahrten sortiert, und die Fahrpläne stehen auf bus.gal ↗.
In der Nähe
Pazo de DonfreánPazo (galicischer Herrensitz)
Museo Etnográfico Casa do PatrónMuseum
Estación de San Xoán de VilanovaBahnhofEstación de LalínBahnhof
Feira do cocido de LalínGastronomisches FestIgrexa de San Martiño de LalínKirchengebäude
Igrexa de Santa María das Dores de LalínKirchengebäudeIgrexa de Santa María de AlbarellosKirchengebäude