Fabrik
Grupo Sargadelos
Sargadelos · Cervo · Lugo · 1792

Este artigo refírese ao grupo empresarial Sargadelos. Para outros significados, vexa Sargadelos O Grupo Sargadelos é unha sociedade limitada que ten como principal accionista a empresa Cerámicas do Castro S.L. desde 1949. Até 2026, a sociedade Sargadelos, tiña dúas plantas de produción cuns 245 empregados. Unha está situada no Castro de Samoedo, Osedo, no concello de Sada, e outra en Sargadelos, no concello mariñao de Cervo. Nese ano, adquiriu a empresa Burelarte, no concello de Cervo, coas súas factorías, terreos e materiais. Elabora a cerámica de Sargadelos, unha famosa cerámica galega elaborada en Sargadelos, tamén no municipio de Cervo. A primeira fábrica foi creada a principios do século XIX por Antonio Raimundo Ibáñez e que tras varias xeracións acabou pechando en 1875. A partir de mediados do século XX Sargadelos formou parte dun grupo de empresas do sector, o grupo Sargadelos —ao que pertence igualmente a cerámica do Castro-Sada— grazas ao impulso do ceramista Isaac Díaz Pardo, baseada en coloracións en tons azuis. Xunto á súa actividade industrial e comercial, Sargadelos levou adiante un importante labor de difusión e promoción da cultura de Galicia, principalmente, dos talentos máis novos da arte e da literatura. O museo de Pontevedra conta cunha sala cunha gran colección desta cerámica.
Wikipedia-Text auf Galicisch, lizenziert unter CC BY-SA. Vollständigen Artikel lesen ↗
Fakten
Nächster Ort Cervo, a 613 m
Einwohner der Gemeinde 4.130 (2025) · IGE
Chegar en bus
- CAMPOa 421 mCEIP de Cervo-Cuíña · CEIP de Cervo-Cuíña
- O Parañoa 434 mSan Cibrao (centro saúde)-Trasbar (capela) · San Cibrao (centro saúde)-Trasbar (capela)
- Sargadelos (marquesiña)a 436 mSan Cibrao (centro saúde)-Trasbar (capela) · San Cibrao (centro saúde)-Trasbar (capela)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

.jpg?width=400)