Kirchengebäude
Igrexa da Compañía de Santiago de Compostela
Santiago de Compostela · A Coruña
Foto: © Jose Mario Pires · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗
Kirchengebäude in Spanien, auf 269 m Höhe, 57 m vom Camiño Xabrés.
A Igrexa da Compañía de Xesús, máis coñecida polos composteláns como Igrexa da Compañía ou Igrexa da Universidade, situada na praza da Universidade, lindando coa praza de Mazarelos ou do Instituto, foi construída polos xesuítas no século XVII, rematando a súa construción en 1767, e pertenceu ao Colexio da Compañía de Xesús até que, tras a expulsión dos xesuítas, pasou a ser a capela da Universidade desde 1769. O edificio é un dos que, pola súa nudez ornamental no exterior e ao aparente clasicismo chamou a atención dos historiadores da arte que a estudaron até o día de hoxe. Isto deu lugar a discusións sobre o seu estilo e, consecuentemente, sobre a súa cronoloxía. Por exemplo, Antonio Bonet Correa sinala que estas razóns (a situación do sepulcro do arcebispo Francisco Blanco Salcedo) e a perfecta adaptación da capela de San Xosé á capela maior e a impresión de que a fachada actual non concorda coa estrutura interior e o estilo da igrexa, leva a pensar que é obra de finais do século XVI, e, polo tanto, a primeira que se construíu en estilo clasicista en Santiago de Compostela, o que o levou a atribuíla a Gaspar de Arce. Ramón Otero Túñez rebateu tal atribución, aínda que baseándose en razóns documentais, o desapropiado que o propio autor do proxecto, Gaspar de Arce, fora el mesmo designado polo concello compostelán para comprobar a nova liña de edificación solicitada polos xesuítas ou, incluso, materiais como os danos do sepulcro do arcebispo Blanco e, concretamente, a supresión da escena da Asunción que aparece citada no seu contrato de execución que poderían explicarse como "danos ocasionados polo traslado desde o emprazamento primitivo". O paso da igrexa á Universidade foi clave para a realización dunha serie de modificacións no edificio. A súa fachada principal, de aire clásico, como quedou dito, presenta as figuras de San Pedro e San Paulo, que substituíron as orixinais de San Ignacio e a San Francisco Xabier situadas en nichos laterais que serven de marco ao escudo real. O campanario que a culmina fíxose dous anos máis tarde. Pero o realmente salientable é o seu interior, onde se se sitúan varios retablos que adornan as naves laterais, o cruceiro e o altar maior; están considerados como auténticas e exclusivas pezas do barroco. Actualmente o edificio úsase como sala de exposicións e sede da Orquestra da Universidade de Santiago de Compostela.
Wikipedia-Text auf Galicisch, lizenziert unter CC BY-SA. Vollständigen Artikel lesen ↗
Fakten
Art Kirche
Stil Arquitectura barroca
Geweiht Compañía de Xesús
Teil von Camiño de Santiago francés na provincia da Coruña
Schutzstatus Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
Höhe hier ≈ 269 m · Terrain Tiles
Nächster Ort Santiago de Compostela, 364 m entfernt
Jakobsweg Camiño Xabrés, 57 m entfernt
Einwohner der Gemeinde 100.842 (2025) · IGE
Mit dem Bus hinkommen
- Rúa Nova360 m entferntA Graña-Rúa Nova (noitebus) · A Graña-Rúa Nova (noitebus)
- IES DO SAR629 m entferntAs Hortas-Santiago E.I. · As Hortas-Santiago E.I. · Merés (cruzamento)-Santiago E.I. · Merés (cruzamento)-Santiago E.I. · Touro-Cimadevila-Santiago E.I. · Touro-CIMADEVILA-SANTIAGO E.I.
- Rúa da Rosa694 m entferntRúa da Rosa-Ameneiro-Casalonga-Firmistáns · Rúa da Rosa-Ameneiro-Casalonga-Firmistáns · Rúa da Rosa-Bertamiráns-A Gándara · Rúa da Rosa-Bertamiráns-A Gándara · Liñares (empalme)-Rúa da Rosa · Liñares (empalme)-Rúa da Rosa
Haltestellen des regionalen öffentlichen Nahverkehrs. Eine Haltestelle bedeutet nicht, dass heute ein Bus fährt: Die Linien sind nach Anzahl der Fahrten sortiert, und die Fahrpläne stehen auf bus.gal ↗.
In der Nähe
Kathedrale von Santiago de CompostelaKathedrale
Colexiata de Santa María de SarKathedrale
Pazo de San Lourenzo de TrasoutoKloster
Kloster Sankt Pelagius von CórdobaKloster
Mosteiro de San Martiño PinarioKloster
Convento de San Francisco do Val de DeusKloster
Pazo do EspiñoPazo (galicischer Herrensitz)
Pazo dos Condes de XimondePazo (galicischer Herrensitz)