Kirchengebäude

Igrexa de San Mamede de Carnota

Carnota · A Coruña

Igrexa de San Mamede de Carnota

A igrexa de San Mamede de Carnota é o templo parroquial de San Mamede, no concello de Carnota. == Arquitectura == De estilo neoclásico, ten planta de cruz latina. Construíuse seguindo os planos do arquitecto Miguel Ferro Caaveiro no ano 1755. No seu interior conserva interesantes retablos dos mestres composteláns Francisco Nogueira e Pablo de Rosende, pero destaca sobre todo o labrado polos escultores noieses Xosé Ferreiro e Xosé Gambino. A entrada atópase rodeada de lápidas que, seguindo o costume popular, están orientadas cara ao altar. Preto da igrexa está o hórreo de Carnota, un dos máis longos de Galicia.

Wikipedia-Text auf Galicisch, lizenziert unter CC BY-SA. Vollständigen Artikel lesen ↗

Auf der Karte ansehenAuf Wikipedia lesenRoute

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

In der Nähe