Kirchengebäude

San Miguel

Pantón · Lugo

San Miguel

A Igrexa de San Miguel de Eiré, tamén chamado Mosteiro de Eiré, é unha igrexa románica de orixe monástica e un dos mellores exemplos conservados en Galicia de arquitectura románica. Está situada no lugar do Mosteiro na parroquia de Eiré, no concello lucense de Pantón. == Historia == Adoitase situar a súa fundación como mosteiro de monxas de San Bieito nos primeiros anos do século XII, e da primeira metade deste século data a igrexa. Porén conserva elementos arquitectónicos anteriores que puideron ser reaproveitados de anteriores construcións. Respecto a esta igrexa existen numerosas lendas. Unha delas é sobre o motivo do seu abandono por parte das monxas que o habitaban, existen unha historia entre as xentes do lugar onde se atopa que conta que a igrexa de San Miguel de Eiré foi invadida por formigas e por este motivo tiveron que deixar a igrexa. Outra lenda sobre este templo pantonés é sobre a onde foron as monxas trala invasións do mosteiro por formigas. E conta que tras irse de alí foron a veciña aldea de Pedragude, monte arriba, onde as tristes relixiosas observaban o seu templo dende o penedo alcumado "A Pena da Monxa". == Descrición == De nave única cuberta con teito de madeira agás o cruceiro que se cobre con bóveda. Na cabeceira a ábsida semicircular decórase con catro columnas acaroadas con capiteis con cabezas de serpes. No interior o acceso á cabeceira faise a través dun arco triunfal triplo. Nesta cabeceira consérvanse pinturas murais do século XVI. A porta norte decórase cun Agnus Dei con cruz e unhas xambas con curiosa decoración de follas que rematan en cabezas humanas. == Galería de imaxes == == Véxase tamén == === Bibliografía === "Eiré" (PDF). Románico Digital (en castelán). Aguilar de Campoo: Fundación Santa María la Real. pp. 481–491. === Outros artigos === Arquitectura románica Mosteiros e conventos de Galicia === Ligazóns externas === Igrexa Monacal de San Miguel de Eiré en Turgalicia.

Wikipedia-Text auf Galicisch, lizenziert unter CC BY-SA. Vollständigen Artikel lesen ↗

Auf der Karte ansehenAuf Wikipedia lesenRoute

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

In der Nähe