Kirchengebäude

Igrexa de San Salvador de Sarria

Sarria · Lugo

Igrexa de San Salvador de Sarria

A igrexa de San Salvador é un templo de planta románica e fachada gótica do século XII, unha das tres igrexas da parroquia civil de Sarria. == Situación == O templo está situado ao final da Rúa Maior, onde comeza a Rúa do Castelo, no itinerario do Camiño Francés. == Historia == A comezos de 2014 a comunidade de mercedarios que atende o templo decidiu suspender o culto nela, polo mal estado da cuberta e o risco de derrubamento. En maio de 2015 formalizáronse os contratos de rehabilitación da igrexa, cofinanciados pola Consellería de Cultura e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, por valor de 254.000 €. Os traballos se centraron nos elementos exteriores do templo, substituíndo a cuberta da igrexa por unha nova e reparando os danos causados pola filtración de auga na estrutura de madeira do teito. == Arquitectura == O estilo da igrexa encádrase no gótico con trazas tardorrománicas, na ábsida. O templo conta cunha espadana de estilo barroco, engadida en 1860. == Culto == A igrexa é o templo parroquial dunha das tres parroquias nas que está organizada Sarria, xunto coas parroquias de Santa Mariña e do Rosario. A parroquia pertence ao arciprestado de Sarria-Samos. O templo está atendido por unha comunidade de mercedarios. == Notas ==

Wikipedia-Text auf Galicisch, lizenziert unter CC BY-SA. Vollständigen Artikel lesen ↗

Anfahrt

Rollstuhl Nein

Auf der Karte ansehenAuf Wikipedia lesenRoute

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

In der Nähe