Kirchengebäude

Igrexa de San Xoán de Ribadavia

Ribadavia · Ourense

Igrexa de San Xoán de Ribadavia

A igrexa de San Xoán de Ribadavia é un templo católico de estilo románico situado na praza de San Xoán, no conxunto histórico de Ribadavia, na provincia de Ourense. Foi construída a finais do século XII e constitúe un dos mellores exemplos da arquitectura románica da comarca do Ribeiro. Está estreitamente vinculada á presenza da Orde Hospitalaria de San Xoán de Xerusalén en Ribadavia dende finais do século XII. == Historia == A igrexa foi erixida a finais do século XII baixo a xurisdición dos Cabaleiros da Orde Militar e Hospitalaria de San Xoán de Xerusalén, que estabeleceron en Ribadavia unha igrexa, un hospital e un priorado destinados á atención dos peregrinos que se dirixían a Santiago de Compostela dende Braga e o interior de Portugal. Diversos documentos medievais de 1276 e 1294 mencionan a igrexa e o hospital de San Xoán, confirmando a súa relevancia durante a Idade Media. A igrexa forma parte do conxunto histórico de Ribadavia, declarado ben de interese cultural. == Notas ==

Wikipedia-Text auf Galicisch, lizenziert unter CC BY-SA. Vollständigen Artikel lesen ↗

Auf der Karte ansehenAuf Wikipedia lesenRoute

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

In der Nähe