Kirchengebäude
Iglesia de San Jorge
A Coruña
A igrexa de San Xurxo é un templo relixioso católico da cidade da Coruña de estilo barroco, construída entre 1725 e 1906. Está situado na praza do Marqués de San Martín, nas inmediacións da praza de María Pita, ao lado esquerdo da casa do concello da cidade herculina. == Historia == Hai constancia de que a parroquia de San Xurxo xa existía no século XIV, citando o testamento do párroco de San Nicolao en 1399 a existencia duns terreos na «freguesía de San Jurjo». Posteriormente atópanse referencias á parroquia no tombo vermello do arcebispo Lope de Mendoza, en 1435. Para coñecer a orixe da igrexa cómpre remontarse a 1673, ano no que os xesuítas se estableceron na cidade herculina cun colexio e unha residencia. Foi proxectada por Domingo de Andrade, e obra de Clemente Fernández Sarela, se ben a súa construción foi realizada en varias fases, todas elas durante o século XVIII. Dende o inicio da súa construción en 1725 ata 1767 foi convento da Compañía de Xesús. Porén, a expulsión da orde de España levada a cabo por Carlos III ese ano fixo que pasara a converterse en 1774 en convento de agostiños. Foi nesta época cando o templo experimentou as maiores modificacións, realizándose a maior parte da súa ornamentación, as portas laterais, e o presbiterio, entre 1704 e 1867, finalizándose en 1760 a construción da torre norte. Trala exclaustración de 1836, o 24 de abril de 1837 o concello da cidade enviou un expediente ao Ministerio da Gobernación solicitando a demolición da igrexa: Finalmente, o antigo convento foi destruído para construír no seu lugar a Casa do Concello, mentres que na igrexa se mantivo a parroquia de San Xurxo. O párroco e membros da xunta da parroquia opuxéronse á demolición, aínda que sen resultado, xa que finalmente o 4 de maio de 1837 o Ministerio da Gobernación daba a súa aprobación á demolición: Xa no século XX, en 1906 rematouse a construción da torre sur, o que puxo punto e final á longa construción da igrexa herculina. En 1975 foi declarada Ben de Interese Cultural. == Descrición == === Interior === Por ser unha igrexa de xesuítas, o seu esquema construtivo interior segue o de Jesús de Vignola. O templo ten planta de cruz latina con tres naves e o seu interior está exuberantemente decorado. As naves, con bóveda de medio canón reforzada con arcos faixóns, están separadas por grosos piares con arcos de medio punto, e a nave central ten o dobre de ancho que as naves laterais. A nave central está cuberta por unha bóveda de aresta, mentres que o cruceiro se cobre cunha bóveda de crucería nervada de moito resalte e cunha pequena lanterna no centro. As enormes pilastras organizan o espazo interior en tamos, amais de soster un entaboamento de orde dórica cun friso de tríglifos e métopas. O transepto ten unha soa nave e unha cabeceira con organización tripartita, na que a ábsida central é máis profunda e elevada que as dos laterais. A ábsida posúe unha bóveda de aresta. Destaca a tribuna sobre as dúas naves laterais, que percorre lonxitudinalmente o templo, permitindo á comunidade xesuítica asistir ó culto sen mesturarse cos fieis. Tamén cómpre salientar os altares que hai nos dous extremos do transepto, que conteñen dúas táboas representando a Anunciación e as Ánimas no Purgatorio, obra de Agustín Robles. === Fachada === A fachada é un corpo saliente, obra de Clemente Fernández Sarela, é tipicamente barroca, na que un grande oco rectangular preside a composición. No corpo saliente da fachada destacan dúas grandes columnas dóricas sobre podio a cada lado da porta, enmarcando fornelas laterais. A banda central superpón un esquema tripartito de porta-fornela-ventá, e un edículo con aletóns, como ocorre coa arquitectura de Simón Rodríguez. As torres laterais, en tres corpos, quedan lixeiramente por detrás do resto da fachada. A decoración baséase en placas, que poden ser recortadas e miúdas, alongadas e rematadas en disco, ou colgantes. Destacan as imaxes, cuxa autoría non se coñece con certeza, pero que posiblemente foron esculpidas polos coruñeses fillos de Escudero. Estas esculturas representan a San Xurxo (enriba da porta principal), que está flanqueado polas imaxes de Santa Margarida e Santa Lucía.…
Wikipedia-Text auf Galicisch, lizenziert unter CC BY-SA. Vollständigen Artikel lesen ↗
Anfahrt
Rollstuhl Nein
Chegar en bus
- Porta Reala 183 mA Coruña (por Obelisco)-Santiago (por AP-9 e San Lázaro)(X)
- Porta Reala 185 mA Coruña (por Salesianos)-Santiago (por AP-9 e San Lázaro)(X)
- Teatro Colóna 389 mTeatro Colón-San Pedro de Nós · San Pedro de Nós-Teatro Colón · Teatro Colón-Santa Cruz-Rialta-Mera-A Valexa · IES Miraflores (piscina Piñeiro)-Teatro Colón · Lorbé-Mera-Rialta-Santa Cruz-Teatro Colón · Teatro Colón-Santa Cruz-Sada (hotel Sada Palace)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.