Kirchengebäude
Igrexa de Santa María do Azougue
Betanzos · A Coruña

A igrexa de Santa María do Azougue atópase situada na cidade de Betanzos, na provincia da Coruña. Está declarada Monumento Nacional, e Ben de Interese Cultural por Decreto de 1944.
Historia
Foi construída entre a segunda metade do século XIV e a primeira do XV sobre outro templo máis antigo de época románica. A obra promovérana os condes de Andrade: Fernán Peres de Andrade o Boo e o seu sucesor Fernán Pérez de Andrade o Mozo.
Descrición
Igrexa de estilo gótico, presenta unha planta basilical de tres naves con catro tramos, sen abovedar e desembocando todas elas nunha tripla ábsida; a central máis ancha que as laterais. A capela maior debuxa unha traza poligonal, heptagonal, mentres que as capelas absidais teñen planta cadrada. Estas tres dependencias son as únicas que se cobren con bóveda de aresta. O coro levántase aos pés do templo. Da ornamentación interior destaca o retablo da capela maior. No século XV instalouse nese lugar un retablo hispano-flamengo, que foi substituído na súa armazón por outro novo en 1748, no cal se colocaron as tallas góticas do orixinal, con representación da vida de Cristo en madeira dourada e policromada. No ano 1981 foron roubadas tódalas súas tallas, aínda que posteriormente se foron recuperando. Iluminan o interior do templo catro fiestras con parteluz, xunto a outras máis modernas a capela maior, e unha sinxela, coetánea á igrexa, a capela absidal do Evanxeo. No ano 2022 lévanse a cabo na igrexa de Santa María labores de restauración patrocinados pola Xunta de Galicia. Durante a restauración e co traslado do retablo de San Pedro, queda ao descuberto un arcosolio decorado con volumes en pedra e policromías, e descóbrese que acolle un enterramento decorado cun panel de pintura mural na zona superior. O conxunto ata agora descoñecido na igrexa de Santa María, constitúe o único arcosolio funerario que conserva policromías e pinturas murais na vila de Betanzos. No seu exterior sobresaen as portadas. Na fachada principal encóntrase o tema da Epifanía, e sobre fornelos preséntanse as imaxes da Anunciación. A portada norte reproduce o tema do Xuízo Final, no que San Miguel pesa nunha balanza a alma dun xusto en actitude orante, mentres un morto recibe dun monstro un chorro de líquido fervente. A porta de entrada está cuberta por un arco de medio punto, decorado con arquiños a xeito de palmeiras invertidas e nas arquivoltas varias ordes de motivos vexetais e xeométricos. No tímpano dúas escenas da Adoración dos Reis e a Anunciación. Enriba loce un amplo rosetón.
Galería de imaxes
Wikipedia-Text auf Galicisch, lizenziert unter CC BY-SA. Vollständigen Artikel lesen ↗
Chegar en bus
- Betanzos (praza)a 241 mSada (hotel Sada Palace)-Betanzos (praza) · Betanzos (praza)-A Coruña E.A.-Betanzos (praza)(circular) · Betanzos (praza)-Betanzos (praza) · Betanzos (praza)-Sada (hotel Sada Palace) · Betanzos praza-A Coruña E.A. (express) · Betanzos praza-A Coruña E.A. (express)
- A Ponte Vellaa 245 mBetanzos (institutos)-Monfero (concello) · Betanzos (institutos)-Monfero (concello)
- Mallóna 299 mFerrol E.A.-Betanzos-A Coruña E.A. (por AP-9 dende Betanzos) · Ferrol E.A.-Betanzos-A Coruña E.A. (por AP-9 dende Betanzos) · Ferrol E.A.-Betanzos-Teatro Colón (por AP-9 dende Betanzos) · Teatro Colón-Betanzos- Ferrol E.A. · A Coruña E.A.-Betanzos-Ferrol E.A. · Betanzos (institutos)-Miño-Pontedeume-Ferrol E.A.
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.