Kirchengebäude
Iglesia Castrense de San Andrés
A Coruña · 1890
Foto: Jglamela · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
Kirchengebäude in A Coruña, Spanien, auf 20 m Höhe, 121 m vom Camiño Inglés.
A igrexa de Santo André é un templo relixioso de estilo neorrománico situado na rúa homónima da Coruña.
Historia
A primitiva capela de Santo André foi construída no século XIII pola confraría de mareantes no barrio da Pescadería para honrar ao apóstolo pescador. Posteriormente construíuse tamén un hospital, que desapareceu por mor do sitio de Drake (1589). No século XVII tiveron lugar na igrexa as actividades pastorais da Compañía de Xesús mentres non tivo convento propio na cidade e no hospital funcionou durante uns anos a partir de 1621 a Escola de Navegación. Coa deterioración provocada polo paso do tempo, os mareantes víronse obrigados a asinar un convenio con Eusebio da Guarda, que levantaba a nova construción coa condición de que os restos seus e da súa dona Modesta Goicouría repousasen no templo. O proxecto foi do arquitecto Faustino Domínguez Coumes-Gay. O gremio intentou logo recuperar o templo, iniciando un preito que durou nove anos e non se resolveu. Finalmente o alcalde José Marchesi Dalmau outorgou a posesión á Arquidiocese de Santiago e foi o propio arcebispo José María Martín de Herrera quen inaugurou o templo en 1890. En 1937 foi cedida aos militares, converténdose en igrexa castrense.
Descrición
O edificio ten unha única nave e ábsida semicircular, cunha sancristía rectangular. O altar maior ten esculturas de César López e na súa parte traseira atópanse os sepulcros de Eusebio da Guarda e Modesta Goicouría, tallados en mármore por Pietro Nicoli. O exterior, de estilo historicista mestura o neorrománico co protogótico. A fachada ten dous corpos con arcos de medio punto e unha inscrición conmemorativa no tímpano. Coróase cunha torre con agulla piramidal. No adro existe un cruceiro.
Wikipedia-Text auf Galicisch, lizenziert unter CC BY-SA. Vollständigen Artikel lesen ↗
Fakten
Art Igrexa parroquial católica · Igrexa parroquial castrense
Stil Neorrománico
Geweiht André apóstolo
Urheber Faustino Domínguez Coumes-Gay
Auch genannt Igrexa Castrense de San Andrés · Igrexa de San Andrés
Höhe hier ≈ 20 m · Terrain Tiles
Nächster Ort A Coruña, 485 m entfernt
Jakobsweg Camiño Inglés, 121 m entfernt
Einwohner der Gemeinde 251.277 (2025) · IGE
Anfahrt
Rollstuhl Nein
Mit dem Bus hinkommen
- Obelisco240 m entferntPazo da Merced-Campus Riazor-Ronda de Nelle · A Coruña (por Obelisco)-Santiago (por AP-9 e San Lázaro)(X)
- Obelisco241 m entferntPazo da Merced-Domus · Pazo da Merced - A Maestranza · A Coruña (por Salesianos)-Santiago (por AP-9 e San Lázaro)(X)
- Teatro Colón258 m entferntTeatro Colón-San Pedro de Nós · San Pedro de Nós-Teatro Colón · Teatro Colón-Santa Cruz-Rialta-Mera-A Valexa · IES Miraflores (piscina Piñeiro)-Teatro Colón · Lorbé-Mera-Rialta-Santa Cruz-Teatro Colón · Teatro Colón-Santa Cruz-Sada (hotel Sada Palace)
Haltestellen des regionalen öffentlichen Nahverkehrs. Eine Haltestelle bedeutet nicht, dass heute ein Bus fährt: Die Linien sind nach Anzahl der Fahrten sortiert, und die Fahrpläne stehen auf bus.gal ↗.
