Insel
Illa de Santa Cruz
Liáns · Oleiros · A Coruña
Foto: Vilachan · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗
Insel in Spanien, 377 m von O Porto de Santa Cruz.
Illa de Santa Cruz (Illa do Castelo) é unha illa galega da provincia da Coruña, situada fronte á vila do Porto de Santa Cruz (na parroquia de Liáns, concello de Oleiros). Ten 1,9 hectáreas de superficie. É redonda e lixeiramente montuosa, cuberta de arboredo e xardíns, é unha illa de marea aínda que agora está unida á terra por unha ponte de madeira.
Historia e características
Na illa levántase un castelo, o Castelo de Santa Cruz, mandado construír polo capitán xeneral Diego das Mariñas no ano 1594. O porto coruñés estaba ben defendido polos de Santo Antón e San Diego, pero no ano 1589 a Armada inglesa, mandada por Francis Drake, puido chegar tranquilamente ata o fondo da baía e desembarcar en Oza para iniciar o asalto da Coruña. Isto puxo en claro a necesidade de completar a defensa da baía e de construír unha nova fortaleza na illa de Santa Cruz. En 1640 termináronse as defensas do castelo, que foi dotado con boas pezas de artillaría. Unha delas, chamada o canón Barranco, alcanzaba os 10 quilómetros (a distancia en liña recta do castelo de Santa Cruz ao de Santo Antón é de catro quilómetros). No século XIX, perdido o seu valor estratéxico, foi adquirido polo xeneral Cavalcanti, quen estaba casado cunha filla de Emilia Pardo Bazán. Levantou no corpo central un pazo para vivenda, pero, ao non ter descendencia, legou a fortaleza en 1938 á Arma de Cabalaría, que o utilizou como residencia estival de orfos de militares. Hoxe está dedicado á investigación e divulgación científica: é sede do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA). A illa conta cun paseo costeiro ao seu redor desde o que se goza de magníficas e inmellorables vistas da cidade herculina, así como de Santa Cruz e o seu pequeno porto,
Galería de imaxes
Wikipedia-Text auf Galicisch, lizenziert unter CC BY-SA. Vollständigen Artikel lesen ↗
Fakten
Art Illa
Fläche 19 m²
Höhe hier ≈ 0 m · Terrain Tiles
Nächster Ort O Porto de Santa Cruz, 377 m entfernt
Einwohner der Gemeinde 38.750 (2025) · IGE
Mit dem Bus hinkommen
- Santa Cruz334 m entferntLorbé-Mera-Rialta-Santa Cruz-Teatro Colón · Sada hotel Sada Palace-Santa Cruz-Teatro Colón · Teatro Colón-Carnoedo-Sada (concello) · Pousada 4 Residencia-Santa Cruz-Teatro Colón · Sada (concello)-Carnoedo-Teatro Colón (por Rialta) · Teatro Colón-Santa Cruz-Rialta-Mera
- Santa Cruz339 m entferntTeatro Colón-Santa Cruz-Rialta-Mera-A Valexa · Teatro Colón-Santa Cruz-Sada (hotel Sada Palace) · Concello de Sada-Carnoedo-Teatro Colón · Teatro Colón-Santa Cruz-Pousada (residencia) · Concello de Sada-Dexo-Teatro Colón · Mera-Rialta-Santa Cruz-Teatro Colón
- Santa Cruz (gasolineira)449 m entferntPousada 4 Residencia-Santa Cruz-Teatro Colón
Haltestellen des regionalen öffentlichen Nahverkehrs. Eine Haltestelle bedeutet nicht, dass heute ein Bus fährt: Die Linien sind nach Anzahl der Fahrten sortiert, und die Fahrpläne stehen auf bus.gal ↗.
