Dolmen

Dolmen von Mina de Parxubeira

Mazaricos · A Coruña

Dolmen von Mina de Parxubeira

O dolmen da Mina da Parxubeira, tamén coñecida como dolmen de Corveira, é unha anta situada na parroquia de San Fins de Eirón, en Mazaricos, no lugar coñecido como Estivada Vella e datada entre o IV e III milenios a. C. Intégrase na necrópole de Sotorraño-Parxubeira-Portocoiro. == Características == O corredor, pequeno, está orientado cara ao leste; a cámara é poligonal e falta a lousa que a cubría, así como as chantas do lado sur. En total conserva trece esteos, seis na cámara e sete no corredor. A mámoa tivo un diámetro de entre 19 e 22 m e contaba cunha coiraza de pedras. No seu interior atopouse un enxoval consistente en láminas de sílex, unha punta de frecha, anacos de cerámica campaniforme, catro estelas antropomórficas de gneis granítico e uns pequenos ídolos de coios, un deles con decoración baseada en incisións, chamados betilos, todo o cal se atopa no Museo Arqueolóxico da Coruña. As estelas e os betilos estaban chantados verticalmente fronte ao corredor de entrada, xusto na periferia, mais non á vista dos vivos. É posíbel que se colocasen para protexer o morto como materialización simbólica da divindade da morte. == Galería de imaxes == == Véxase tamén == === Bibliografía === Rodríguez Casal, A. (1989): "La necrópolis megalítica de Parxubeira. Campañas arqueolóxicas de 1977 ao 1984". A Coruña: Monografías urxentes do Museu de San Antón, nº 4. Boga Moscoso, R. (1997): Dólmenes de Galicia. A Coruña: Baía Edicións. Lema Suárez, X. M. (1999): Arquitectura megalítica na Costa da Morte. Santiago de Compostela: Asociación Neria. Carballo Arceo, Xulio (xullo de 2006). Arqueoloxía de Galicia. Itinerarios polo pasado. Nigra Trea. ISBN 84-95364-40-9. === Outros artigos === Lista de megálitos de Galicia

Wikipedia-Text auf Galicisch, lizenziert unter CC BY-SA. Vollständigen Artikel lesen ↗

Auf der Karte ansehenAuf Wikipedia lesenRoute

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

In der Nähe