Berg

Monte de San Trocado

Eiras · San Amaro · Ourense

Monte de San Trocado, berg en San Amaro

Foto: Lanobriga · CC BY-SA 2.5 es · Wikimedia Commons ↗

Berg in Spanien, auf 516 m Höhe, 10,1 km von O Carballiño.

O monte do San Trocado —ás veces escrito Santrocado— ou de San Torcuato é unha montaña da provincia de Ourense situada entre as comarcas do Carballiño e O Ribeiro. Érguese na beira dereita do Miño ao seu paso pola parroquia de Laias, en Cenlle, e o cume acada 554 m no linde entre os concellos de Santo Amaro e Punxín. Desde el pódese enxergar toda a redonda, destacando as vistas da Serra da Martiñá (1.037 m; en Cea) cara ó norte, e do Coto de Novelle (715 m; entre Castrelo de Miño, A Arnoia e Cartelle) cara ó sur. Na aba meridional abrollan mananciais de augas medicinais, explotados polo moderno balneario de Laias. O monte do San Trocado pertence ós concellos de Cenlle, San Amaro e Punxín, e teñen parte nel cinco parroquias: Santo Antonio da Barca de Barbantes, Santa Baia de Laias, Santa Ouxea de Eiras, San Cibrao de Las e San Xoán de Ourantes, co cume situado entre as dúas últimas.

Wikipedia-Text auf Galicisch, lizenziert unter CC BY-SA. Vollständigen Artikel lesen ↗

Fakten

Art Montaña

Höhe hier ≈ 516 m · Terrain Tiles

Nächster Ort O Carballiño, 10,1 km entfernt

Einwohner der Gemeinde 1.032 (2025) · IGE

Auf der Karte ansehenAuf Wikipedia lesenRoute

In der Nähe