Zierbrunnen
Denkmal für Curros Enríquez
A Coruña · 17 m · 1934
Foto: Fernando Losada Rodríguez · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
Denkmal für den Schriftsteller Curros Enríquez in A Coruña, Spanien, auf 17 m Höhe, 47 m vom Camiño Inglés.
O Monumento a Curros Enríquez é unha obra realizada polo escultor galego Francisco Asorey e situada nos Xardíns de Méndez Núñez da Coruña. Foi inaugurada en 1934 como homenaxe a Manuel Curros Enríquez, que falecera en 1908.
Descrición
O monumento está formado por grandes bloques de pedra semellantes a dolmens ou aras celtas. A base está rodeada de auga e entre as gretas sitúanse plantas autoctónas galegas xunto con representacións de monstros. No centro, hai unha figura de Curros Enríquez de 3,30 m de altura, cunha lira nas mans. A cada lado da escultura hai senllas representacións da vida no campo galego, dun lado figuras que representan os labregos, xunto cun boi, e doutro unhas mulleres que representan a agricultura, xunto cun cabalo. Na parte superior, unha muller espida cos brazos ergueitos representa a apoteose de Galicia. Na parte traseira hai unha furna que se preparou para incluír unha imaxe da Virxe do Cristal que non se chegou a colocar. Tamén se pensou en levar os restos do escritor desde o cemiterio de Santo Amaro, mais o concello no concedeu o permiso.
Historia
Pouco despois do falecemento de Curros Enríquez xa se pensou na construción dun monumento na cidade da Coruña, pois o mesmo 1908 se creou unha comisión presidida polo alcalde Antonio Lens coa participación da Real Academia Galega e a Real Academia de Belas Artes para recadar fondos. Porén, ao non conseguir o obxectivo, a idea foi desbotada. Finalmente, en 1921, a Real Academia Galega establece que os cartos recadados se dediquen a un monumento que se colocaría na praza de Ourense e ábrese un concurso para artistas de toda España. En abril de 1922 o concello da Coruña indica que o monumento será de granito e se colocará nos Xardíns de Méndez Núñez. Chegouse a poñer a primeira pedra o 22 de xullo de 1923, mais o pasamento do presidente da Academia, Andrés Martínez Salazar, volve parar a obra. O 7 de marzo de 1927, a xunta de goberno da Academia, presidida por Eladio Rodríguez González convocou un concurso para o deseño do monumento que quedou deserto. Nun segundo concurso, que tivo como xurado o Marqués de Figueroa, Sotomayor, Palacios, Lloréns e Rodríguez González, concedéuselle o primeiro premio a Asorey. Despois de varios problemas máis co orzamento e novas recadacións, o monumento foi inaugurado o 11 de agosto de 1934 polo presidente da república Niceto Alcalá-Zamora, acompañado polo alcalde Suárez Ferrín e o presidente da Academia Lugrís Freire.
Wikipedia-Text auf Galicisch, lizenziert unter CC BY-SA. Vollständigen Artikel lesen ↗
Fakten
Art Statue
Geweiht Manuel Curros Enríquez
Urheber Francisco Asorey
Mauern Stein · Granit
Höhe ü. M. 17 m
Nächster Ort A Coruña, 466 m entfernt
Jakobsweg Camiño Inglés, 47 m entfernt
Einwohner der Gemeinde 251.277 (2025) · IGE
Mit dem Bus hinkommen
- Obelisco61 m entferntPazo da Merced-Campus Riazor-Ronda de Nelle · A Coruña (por Obelisco)-Santiago (por AP-9 e San Lázaro)(X)
- Teatro Colón62 m entferntTeatro Colón-San Pedro de Nós · San Pedro de Nós-Teatro Colón · Teatro Colón-Santa Cruz-Rialta-Mera-A Valexa · IES Miraflores (piscina Piñeiro)-Teatro Colón · Lorbé-Mera-Rialta-Santa Cruz-Teatro Colón · Teatro Colón-Santa Cruz-Sada (hotel Sada Palace)
- Obelisco81 m entferntPazo da Merced-Domus · Pazo da Merced - A Maestranza · A Coruña (por Salesianos)-Santiago (por AP-9 e San Lázaro)(X)
Haltestellen des regionalen öffentlichen Nahverkehrs. Eine Haltestelle bedeutet nicht, dass heute ein Bus fährt: Die Linien sind nach Anzahl der Fahrten sortiert, und die Fahrpläne stehen auf bus.gal ↗.
