Monument
Statue der Maria Pita
A Coruña · 14 m · 1998
Foto: Michelangelo-36 · Public domain · Wikimedia Commons ↗
Denkmal in A Coruña, Spanien, auf 14 m Höhe, 63 m vom Camiño Inglés.
O monumento a María Pita é unha estatua creada polo escultor José Castiñeiras Iglesias dedicada a María Pita e que preside a praza homónima da cidade da Coruña, mirando para a casa do concello. A súa realización e colocación na praza tivo lugar en 1998.
Descrición
A obra, fundida en bronce, representa a heroína empuñando a lanza coa que matou o alférez inglés, o irmán do almirante Francis Drake, mentres suxeita coa outra man o corpo sen vida do seu marido, Gregorio de Racamonde. A altura total da obra é de 9,31 metros, composta por unha plataforma de chanzos de 45 cm, un pedestal de 5,56 metros e unha escultura de 3,30 metros. O seu peso é de 30 toneladas. No pedestal atópase un pebeteiro cunha chama prendida durante todo o día e apagada dende as tres ata as sete da madrugada. A chama simboliza o carácter liberal da xente da Coruña.
Historia
No proxecto de urbanización da praza de 1872 recollíase unha proposta para erguer unha estatua a María Pita, o que foi aceptado polo concello o 9 de setembro do mesmo ano. O 6 de xuño de 1875 propúñase colocar unha fonte monumental. Finalmente, no proxecto de Juan de Ciórraga do 6 de febreiro de 1888, aínda que observando que era posible instalar unha estatua ou unha fonte, preferíase un espazo aberto ou un gran farol no centro debido á falta dunha gran praza na cidade para "manifestacións e xúbilos públicos".
Outros artigos
Galería de imaxes de esculturas da Coruña
Wikipedia-Text auf Galicisch, lizenziert unter CC BY-SA. Vollständigen Artikel lesen ↗
Fakten
Art Obra escultórica · Monumento
Geweiht María Pita
Urheber José Castiñeiras
Mauern Bronze
Höhe ü. M. 14 m
Nächster Ort A Coruña, 49 m entfernt
Jakobsweg Camiño Inglés, 63 m entfernt
Einwohner der Gemeinde 251.277 (2025) · IGE
Mit dem Bus hinkommen
- Porta Real49 m entferntA Coruña (por Salesianos)-Santiago (por AP-9 e San Lázaro)(X)
- Porta Real63 m entferntA Coruña (por Obelisco)-Santiago (por AP-9 e San Lázaro)(X)
- Teatro Colón387 m entferntTeatro Colón-San Pedro de Nós · San Pedro de Nós-Teatro Colón · Teatro Colón-Santa Cruz-Rialta-Mera-A Valexa · IES Miraflores (piscina Piñeiro)-Teatro Colón · Lorbé-Mera-Rialta-Santa Cruz-Teatro Colón · Teatro Colón-Santa Cruz-Sada (hotel Sada Palace)
Haltestellen des regionalen öffentlichen Nahverkehrs. Eine Haltestelle bedeutet nicht, dass heute ein Bus fährt: Die Linien sind nach Anzahl der Fahrten sortiert, und die Fahrpläne stehen auf bus.gal ↗.
