Kloster
San Miguel de Celanova
Celanova · Ourense

San Salvador de Celanova é un mosteiro medieval beneditino fundado por San Rosendo a mediados do século IX en Celanova. Foi declarado Monumento Nacional en 1931 e premio Europa Nostra no ano 1984.
Situación
O Mosteiro de San Salvador sitúase no concello de Celanova, no centro da mesma localidade pertencente á Comarca da Terra de Celanova, na provincia de Ourense. Dista só 26 quilómetros da capital.
Historia
Arredor do ano 937, San Rosendo construíu un cenobio na aldea de Vilar, nuns terreos propiedade do seu irmán, o conde Froila Gutiérrez. Segundo conta a tradición, o mozo Rosendo recibiu en sonos unha revelación pola cal debía fundar no lugar de Vilar, actual Celanova, un cenobio. Segundo a lenda, San Rosendo subiu a un monte preto a Celanova, lanzou desde alí unha pedra, e no lugar onde caeu a pedra foi onde o Santo levantou o cenobio. San Rosendo foi bispo de Mondoñedo e de Iria, e Ordoño III nomeouno vicerrei de Galiza, mais retirouse ao pouco a este cenobio, onde foi o seu segundo abade até a súa morte o 1 de marzo de 977. O seu primeiro abade foi Franquila, que fora fundador do Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, de onde provirían os monxes para a nova comunidade. Trala súa morte no ano 955 sucedeuno no cargo San Rosendo. Deste primitivo mosteiro só queda a pequena capela de San Miguel, situada no que debeu ser anteriormente unha capela adicada a San Martín. Foi bendicida o 25 de setembro do ano 942, atrás quedaban cinco anos de traballos. O lugar medrou arredor do mosteiro e acabaríase convertendo na actual Celanova. O abade ostentaba, entre outros, os títulos de conde de Bande e marqués de Torre de Sande, nomeaba xuíces e alcaldes en máis de 50 localidades e tiña asento reservado na catedral de Ourense. Após un período de decadencia, en 1506 sumouse á Congregación de San Bieito de Valladolid, co que recuperou certo esplendor, e deste modo comeza unha nova etapa, que lle concede maior esplendor. A importancia do mosteiro foi medrando co tempo e no século XVI o mesmo Carlos I pensou na idea de retirarse a este mosteiro, aínda que prefireu Yuste pola climatoloxía máis benigna. A importancia do mosteiro durante os séculos XVII e XVIII, así como o seu poder económico e social, quedaron reflectidos nas reformas que o mosteiro levaba a cabo co paso dos anos, chegándose a reconstruír todo o mosteiro. No século XIX prodúcese a desamortización, e isto supuxo o abandono do mosteiro como ocorreu con outros moitos outros. O concello pasou a ser o propietario das instalacións e a igrexa monacal pasou a ser templo parroquial honrando a San Rosendo. A igrexa construíuse no século XVI, comezándose en 1653 e rematándose no ano 1687. Pode ser considerado como un exemplo de transición do Barroco o Renacemento. O resto das instalacións pasaron a propiedade de institucións públicas, que as utilizaron para diversas actividades. De feito, os Escolapios, tiveron unha escola e adicáronse alí á ensinanza, ata 1929. Despois nas instalacións estiveron durante breves períodos de tempo: Augustiños, Salesianos e incluso a Cidade dos Muchachos.
Prisión durante o franquismo
Na actualidade, tras unha remodelación que lle valeu o premio Europa Nostra, as instalacións monacais utilízanse para albergar diferentes institucións municipais e rexionais, como o propio concello, a biblioteca, un instituto de secundaria, a oficina de turismo ou o Servizo Galego de Colocación.
Descrición
O mosteiro que hoxe pode visitarse non é máis que o resultado da evolución histórica que ó longo do tempo unhas veces experimentou e outras sufriu o edificio. O mosteiro primitivo, que se comezou nos tempos do fundador, estaba composto por un conxunto de pequenas edificacións levantadas nas inmediacións dunha antiga capela adicada a san Martiño, entre as que documentalmente se sabe polo monxe Ordoño de Celanova que eran as seguintes: Unha igrexa con tres ábsidas adicadas a san Salvador, san Pedro e san Xoán apóstolo.…
Wikipedia-Text auf Galicisch, lizenziert unter CC BY-SA. Vollständigen Artikel lesen ↗
Chegar en bus
- IES DE CELANOVAa 183 mCelanova (centro saúde)-Campo Real · IES de Celanova-Parbón · IES de Celanova-Parbón · Celanova (centro saúde)-Campo Real · IES de Celanova -Cartelle-San Tomé · IES de Celanova -Cartelle-San Tomé
- Celanovaa 217 mALLARIZ-CELANOVA · CELANOVA-CIMA DE VILA · Celanova-Cima de Vila
- Celanovaa 234 mAllariz-Celanova
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.
In der Nähe
- Castro de CastromaoWallburg
- Torre de Vilanova dos InfantesTurm
- San Miguel de CelanovaKapelle
- Santuario da Nosa Señora do CristalWallfahrtskirche
- Igrexa de San Mamede de AlbosKirchengebäude
- Igrexa de Santiago de CasardeitaKirchengebäude
- Igrexa de Santiago de AmoroceKirchengebäude
- Igrexa de Santa María de AnsemilKirchengebäude