Kloster
Kloster Melón
Melón · Ourense · 1142

O mosteiro de Santa María de Melón é un mosteiro de estilo románico de transición, pertencente á Orde do Císter e fundado en 1158. Está situado no concello ourensán de Melón. Estivo habitado ata 1835, cando se produciu a desamortización de Mendizábal. == Historia == Aínda que o rei Afonso VII lles cedeu o coto de Melón, que incluía as parroquias de Melón, Quins e Vilar de Condes (Carballeda de Avia), nun principio rexeitaron vivir de rendas e basearon a súa economía na explotación das súas terras. No século XIII o mosteiro tiña posesións no Porriño, Vigo e Redondela, a través de onde comercializaba as colleitas de viño dos viñedos das ribeiras do río Avia. O patrimonio foi aumentando aos poucos por compras, doazóns ou cesións da nobreza. En San Pedro de Domaio (Moaña), a parroquia tiña a obriga de cruzar ao abade dunha beira a outra da ría de Vigo. A partir do século XIV endurécense as rendas e recoñecementos de señoríos. Esixíase tamén a consideración da vasalaxe e obediencia dos señores ao visitaren a comarca, e o pago da loitosa, unha taxa de transmisión para poder herdar os bens dos antepasados. No século XIX comezou o ocaso do mosteiro, por mor da desamortización de Mendizábal. Ante o abandono e ruína dos edificios, o bispo de Tui decidiu pechar cunha fachada a parte que quedaba. Boa parte da pedra foi vendida (a un prezo de peseta por carro) para a construción do templo da Cañiza. == Arquitectura == O conxunto foi declarado Monumento Histórico-Artístico en 1931. Do antigo muro do mosteiro consérvanse hoxe soamente parte da cerca e a portada de traza semicircular, flanqueada por cilíndricos torreóns con seteiras, o frontón triangular e unha fornela coa imaxe da Virxe. As restantes dependencias quedaron reducidas ás ruínas de dous claustros: o das procesións (S. XVI), con bóveda estrelada e arcos semicirculares e outro, o da hospedaxe. Da igrexa destaca a cabeceira con deambulatorio gótico e capela de enterramento, emulando á do mosteiro de Oseira. A ábsida semicircular do presbiterio presenta ao exterior forma poligonal na parte correspondente á capela maior e semicircular nas radiais. Sobre o ángulo formado polas naves e o cruceiro levántase unha torre de corpo rectangular rematada en casquete piramidal. == Galería == == Véxase tamén == === Outros artigos === Mosteiros e conventos de Galicia
Wikipedia-Text auf Galicisch, lizenziert unter CC BY-SA. Vollständigen Artikel lesen ↗
Chegar en bus
- Melóna 280 mVigo E.I.-Ourense E.I. (por Ponteareas) · Ourense E.I.-A Cortella (cruzamento) · Ourense E.I.-A Cortella (cruzamento) · Covas (casa Manolo)-A Cortella (cruzamento) · Covas (casa Manolo)-A Cortella (cruzamento) · IES de Ribadavia-Melón
- Melóna 420 mVigo E.I.-Ourense E.I. (por Ponteareas)
- O Coruxal (cruzamento)a 557 mOurense E.I.-A Cortella (cruzamento) · Ourense E.I.-A Cortella (cruzamento)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.