Museum
Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba
Vilalba · Lugo

O Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba é un museo municipal de Vilalba. As súas actividades céntranse na investigación, conservación e difusión da prehistoria e historia antiga de Galicia. == Historia == Foi fundado e dirixido polo médico e arqueólogo José María Ramil Soneira. Dende o pasamento de Ramil Soneira en 2014, o director do centro é o seu fillo, Eduardo Ramil Rego. A súa sede trasladouse á Rúa Dr. Domingo Goas, nº2 no verán de 2002. == Exposicións == A súa temática vai dende o Paleolítico ata a época romana no noroeste da Península Ibérica. Os materiais arqueolóxicos proveñen de depósitos particulares e das descubertas de escavacións arqueolóxicas promovidas polo museo ou outras entidades. Conta cunha exposición permanente que ten a máis completa colección de materiais do Paleolítico ao Mesolítico de toda Galicia. Contén tamén os restos da ocupación humana máis antiga de Galicia e o primeiro obxecto de arte atopado no país, un colgante procedente da estación paleolítica de Férvedes II (Xermade). Está feito posiblemente de esteatita, é plano e ten forma oval. Ten un orificio de forma circular, supostamente para o cordón do que penduraba, e como decoración un trazo recto e vertical no centro das dúas caras, máis fondo dunha delas. É semellante a outras pezas de xacementos magdalenienses do Cantábrico. == Publicacións == Férvedes, unha revista científica editada polo propio museo. == Galería == == Notas == == Véxase tamén == === Outros artigos === Museos de Galicia Cultura castrexa Arte paleolítica en Galicia
Wikipedia-Text auf Galicisch, lizenziert unter CC BY-SA. Vollständigen Artikel lesen ↗
Chegar en bus
- Vilalba E.A.a 194 mLugo E.A.-Vilalba E.A. · Lugo E.A.-Burela E.A. · Lugo E.A.-Vilalba E.A. · Lugo E.A.-Mondoñedo-Viveiro E.A. · Santiago E.I. - Guitiriz - Burela E.A. · Vilalba E.A.-Lugo E.A.
- Rúa Cidade de Viveiroa 320 mIES Santiago Basanta Silva-Os Orxás (cruzamento) · IES Santiago Basanta Silva-Os Orxás (cruzamento)
- Avda. Terra Chá 15-17a 521 mAvda. Terra Chá 15-17-CEIP Terra Chá · CEIP Terra Chá-Avda. Terra Chá 15-17
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.