Museum

Museo Massó

Bueu · Pontevedra

Museo Massó, museum en Bueu

Foto: HombreDHojalata · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗

Museum in Spanien, auf 5 m Höhe, 118 m von Bueu.

O Museo Massó é un centro situado no concello de Bueu, no edificio usado como fábrica de conservas Salvador Massó e Fillos que instalou esta familia de orixe catalá a principios do século XIX.

Historia

A mediados do século XX a familia Massó foi xuntando unha espléndida colección de libros antigos, cartas mariñas e de navegación, mapas e instrumentos de navegación e outros obxectos relacionados co mar e a industria conserveira. En 1928 Guglielmo Marconi visitou as instalacións industriais dos Massó e propúxolles a idea de facer un museo. A idea foi aceptada e o 26 de novembro de 1932 inauguráronse as novas instalacións museísticas. O ano 1992 a Xunta de Galicia comprou a colección e os edificios que compuñan as instalacións. Tras unha rehabilitación reinaugurou o museo o 10 de xullo de 2002.

Contidos

Entre as obras expostas destacan pinturas de Urbano Lugrís, a colección de modelos de naves históricas e de instrumentos de navegación antiga. Na colección de libros, entre varios incunábeis, destaca a Cosmographia de Claudio Tolomeo de 1490. Unha das súas salas esta dedicada á etnografía de Bueu onde se reúne e expón unha ampla mostra de aparellos de pesca e marisqueo, como liñas, poteiras, nasas e, moi especialmente, o relacionado coa dorna de Bueu ou dorna polbeira (adicado á pesca do polbo). A carpintaría de ribeira ocupa unha ampla zona onde se expoñen os diferentes instrumentos e ferramentas que se utilizaban neste, case desaparecido, oficio. Tamén se mostra instrumental daqueles traballos complementarios á pesca, como a redería, a calafatería e cabulería. Provenientes das antigas instalacións conserveiras da fábrica de Massó hai unha mostra de diferentes máquinas utilizadas para a realización da conserva, dende a construción da lata ata a saída da conserva. Móstrase o seu funcionamento mediante fotografías e proxeccións. Os Massó construíron unha factoría de tratamento de cetáceos na veciña localidade de Cangas de Morrazo. Destas instalacións e dos barcos baleeiros que subministraban a materia prima, hai unha colección de instrumental de desmembramento e caza de baleas, entre os que destaca un canón de arponeo e diferentes tipos de arpóns.

Outros artigos

Bueu

Wikipedia-Text auf Galicisch, lizenziert unter CC BY-SA. Vollständigen Artikel lesen ↗

Fakten

Art Museo

Höhe hier ≈ 5 m · Terrain Tiles

Nächster Ort Bueu, 118 m entfernt

Einwohner der Gemeinde 11.829 (2025) · IGE

Anfahrt

Öffnungszeiten Tu-Sa 09:00-21:30 · Su 10:00-14:00

Eintritt Kostenlos

Telefon +34 886 151 101

Adresse Avda. Montero Ríos, s/n

Auf der Karte ansehenAuf Wikipedia lesenOffizielle WebsiteRoute

Mit dem Bus hinkommen

Haltestellen des regionalen öffentlichen Nahverkehrs. Eine Haltestelle bedeutet nicht, dass heute ein Bus fährt: Die Linien sind nach Anzahl der Fahrten sortiert, und die Fahrpläne stehen auf bus.gal ↗.

In der Nähe