Museum

Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía

A Coruña · 1980

Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía

O Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía, tamén chamado MUNCYT ou Museo Nacional de Ciencia y Tecnología de España, é un museo dependente da Secretaría de Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación do Ministerio de Economía e Competitividade, xestionado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) e dirixido por Ramón Núñez Centella. A súa sede principal está na Coruña e ten outra sede en Madrid. == Contidos == No museo expóñense diversas pezas da historia tecnolóxica de España e Galicia entre as que están algunha relacionada coa cidade da Coruña, como a anterior lanterna da Torre de Hércules que funcionou entre 1857 e 1904. Tamén se pode ver e visitar a cabina do avión que trouxo a España o Guernica de Picasso dende Nova York, unha pequena exposición da historia tecnolóxica en España, iniciativas industriais e a evolución dos medios de comunicación escritos e informáticos. Existen visitas guiadas e proxeccións. == Historia da sede coruñesa == O Museo foi inaugurado o 4 de maio de 2012 polos príncipes de Asturias, se ben non se abriu ó público ata o mes de xuño dese ano. O edificio fora construído pola Deputación da Coruña e ía ser unha escola de artes. A construción, chamada «Prisma de Cristal», deseñada por aceboXalonso Studio, gañou o primeiro premio da IX Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo e foi reconvertido, con pequenas modificacións, na sede principal do MUNCYT. É un edificio de formigón e cristal con dous andares abertos e comunicados a diversos niveis. A maqueta do edificio exhibiuse no MoMA de Nova York como un dos mellores deseños arquitectónicos actuais. O seu director, Rámon Núñez, foi director dos museos coruñeses (Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae), posto que deixou para poñer en funcionamento este novo museo na cidade. Espera acadar os 200.000 visitantes ao ano. En novembro de 2012 o museo acadou os 50.000 visitantes cun grupo de estudantes de Coristanco. === Instalacións === As salas Sala Miscelánea Sala Maiúsculas Sala Patrimonio Sala Innovación española Sala Iberia Século XX Expos Interinas == Galería de imaxes == == Notas == == Véxase tamén == === Ligazóns externas === Páxina web do MUNCYT (en varias linguas) Vídeo sobre a construción do edificio Prisma de Cristal no YouTube Páxina web de aceboXalonso Studio, Proxecto Prisma de Cristal (en inglés) Museos de Ciencia. Ruta norte (en castelán).

Wikipedia-Text auf Galicisch, lizenziert unter CC BY-SA. Vollständigen Artikel lesen ↗

Anfahrt

Öffnungszeiten Jul 01-Sep 14: Tu-Sa 11:00-20:00 · Jul 01-Sep 14: Su 11:00-15:00 · Sep 15-Jun 30: Tu-Fr 10:00-17:00 · Sep 15-Jun 30: Sa 11:00-19:00 · Sep 15-Jun 30: Su 11:00-15:00 · Jan 01,Jan 06,May 01,Dec 24,Dec 25,Dec 31: off

Auf der Karte ansehenAuf Wikipedia lesenRoute

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

In der Nähe