Wasserfall
Parque da Natureza do Río Barosa
Barro · Pontevedra
.jpg?width=640)
O Parque da Natureza do Río Barosa é un espazo natural do norte do concello de Barro, na provincia de Pontevedra, preto do límite co concello de Portas, sito a carón da estrada N-550 que comunica Pontevedra con Santiago de Compostela. == Características == O río Barosa descende por varias fervenzas salvando un desnivel de 60 metros, no cal foron construídos 12 muíños, algúns deles rehabilitados pola Escola Obradoiro "Camiño de Santiago-Barro". O Barosa desauga no río Chaín, á súa vez afluente do río Umia. Na parte baixa do parque hai unha pequena lagoa, varias cales de auga, varias pontellas e dúas pontes canadenses de madeira que comunican a beira do río cunha insua acondicionada como zona recreativa. A vexetación tamén é de salientar, principalmente constituída por especies de ribeira na parte baixa rodeadas de fragas nas abas do monte. A principal especie é o carballo (Quercus robur L.) Nas carballeiras atopamos outras especies: amieiro, castiñeiro, bidueiro, abeleira, pradairo, salgueiro, cerdeira brava, pereira brava etc. Algunhas especies amosan a influencia mediterránea, é o caso do loureiro, o érbedo ou o piñeiro bravo (Pinus pinaster). Tamén hai eucaliptais nas partes altas. Unha ruta de sendeirismo chamada "Sendeiro dos muíños da Barosa" percorre o parque de comezo a fin por unha das beiras do río, e volve pola outra beira ata o comezo, completando uns 4 km de andaina. Varios paneis informan da dificultade e lonxitude do camiño. No verán é cando recibe máis visitantes, algúns deles peregrinos que chegan facendo o Camiño Portugués. Unha placa recorda que neste lugar, en 1809, e no marco da guerra da Independencia, tivo lugar un enfrontamento entre o batallón do cadete Benito Godoy Araujo e unha carruaxe do mariscal Soult que provocou no duque de Wellington palabras de loanza para os galegos en xeral: "Españois, adicádeos a imitar ós inimitábeis galegos". == Véxase tamén == === Outros artigos === Galería de imaxes do río Barosa Galería de imaxes dos muíños de Barro === Ligazóns externas === Información e fotografías en GaliciaMaxica (en castelán)
Wikipedia-Text auf Galicisch, lizenziert unter CC BY-SA. Vollständigen Artikel lesen ↗
Chegar en bus
- Monlloa 502 mCEIP Amor Ruibal-A Maquieira · CEIP Amor Ruibal-A Maquieira · IES de Barro-A Maquieira · IES de Barro-A Maquieira
- A Maquieiraa 534 mCPI Domingo Fontán-A Maquieira · CEIP Amor Ruibal-A Maquieira · CPI Domingo Fontán-A Maquieira · CEIP Amor Ruibal-A Maquieira · IES de Barro-A Maquieira · IES de Barro-A Maquieira
- Costenlaa 575 mCEIP Amor Ruibal-A Maquieira · CEIP Amor Ruibal-A Maquieira · IES de Barro-A Maquieira · IES de Barro-A Maquieira
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.
In der Nähe
- Lapa von GargantánsMenhir
- Igrexa de San Pedro de RebónKirchengebäude
- Igrexa de San Martiño de GargantánsKirchengebäude
- Santuario da Virxe dos Milagres da AmilWallfahrtskirche
- Carneiro ó espetoMonument
- Igrexa de San Martiño de AgudeloKirchengebäude
- Igrexa de San Breixo de BarroKirchengebäude
- Igrexa de Santa María de PerdecanaiKirchengebäude