Platz
Parque de Bens
Visma · A Coruña
Foto: Pablo Costa Tirado (Sotti) · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗
Park in Coruña, auf 126 m Höhe, 2,6 km vom Camiño Inglés.
O parque de Bens é un parque do concello da Coruña situado en Bens. Foi inaugurado o 5 de xuño de 2001, Día Mundial do Medio Ambiente, sobre o antigo vertedoiro da cidade, que se derrubara en 1996 causando a morte dun veciño da Seavella ou O Portiño. Conta cunha extensión total de 605 000 m² dividida en varias áreas: A área onde se situaba o vertedoiro permanece selada para a súa total recuperación en dez ou quince anos. A segunda grande área recuperada conta con algo máis de 300 000 m² e alberga unha cascada de auga e unha ponte de madeira. A terceira grande área é un espazo natural de 88 000 m², integrado por monte natural e o miradoiro de Outeiro, dende o que se pode contemplar unha panorámica da cidade. No parque consérvase a Blanca Quiroga, embarcación de salvamento marítimo.
Wikipedia-Text auf Galicisch, lizenziert unter CC BY-SA. Vollständigen Artikel lesen ↗
Fakten
Art Parque
Benannt nach Bens
Höhe hier ≈ 126 m · Terrain Tiles
Nächster Ort A Coruña, 3,4 km entfernt
Jakobsweg Camiño Inglés, 2,6 km entfernt
Einwohner der Gemeinde 251.277 (2025) · IGE
