Kap

Punta Herminia

A Coruña

Punta Herminia, kap en A Coruña

Foto: Diego Delso · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

Park und Halbinsel in A Coruña, Spanien, auf 15 m Höhe, 1,9 km vom Camiño Inglés.

O Parque Punta Herminia é un parque da cidade da Coruña, situado na punta homónima, preto da Torre de Hércules. O parque está incluído na área Patrimonio Mundial da Humanidade. En xuño de 2017 solicitouse dende o concello a declaración como espazo natural de interese local xunto coa contorna da Torre de Hércules, aceptada de xeito provisional o 14 de xaneiro de 2020 e confirmada en xuño de 2025.oficializada en 2025.

Descrición

O parque sitúase nunha área que foi empregada como polvoreira militar. O Ministerio de Defensa vendeu a zona ao concello da Coruña na década de 1980 e en 2003 aprobouse o investimento para convertelo nun parque público. Foi inaugurado o ano seguinte. No seu interior atópase a rocha chamada Monte dos Bicos, na que Francisco Mª de la Iglesia descubriu petróglifos en 1895. O estado de conservación dos gravados é malo debido á erosión e os impactos de bala que recibiron no tempo no que o parque foi zona militar. A escultura "Caracola", de Moncho Amigo, forma parte do Parque escultórico da Torre de Hércules.

Historia

A proximidade á prisión provincial converteu punta Herminia, como o campo da Rata, nun lugar habitual para os fusilamentos que se realizaron despois da sublevación do 18 de xullo de 1936. Entre os que foron asasinados neste lugar estiveron Alfredo Suárez Ferrín, Francisco Pérez Carballo, Ramón Maseda Reinante e os irmáns Bebel e France García García.

Servizos

O parque ten xogos de madeira para nenos e sendeiros. Ten ademais miradoiros e lugares para a observación das aves.

Wikipedia-Text auf Galicisch, lizenziert unter CC BY-SA. Vollständigen Artikel lesen ↗

Fakten

Art Parque · Península

Teil von Parque escultórico da Torre de Hércules

Eröffnet 2004

Höhe hier ≈ 15 m · Terrain Tiles

Nächster Ort A Coruña, 1,9 km entfernt

Jakobsweg Camiño Inglés, 1,9 km entfernt

Einwohner der Gemeinde 251.277 (2025) · IGE

Auf der Karte ansehenAuf Wikipedia lesenRoute

Mit dem Bus hinkommen

Haltestellen des regionalen öffentlichen Nahverkehrs. Eine Haltestelle bedeutet nicht, dass heute ein Bus fährt: Die Linien sind nach Anzahl der Fahrten sortiert, und die Fahrpläne stehen auf bus.gal ↗.

In der Nähe