Palast
Pazo da Deputación de Pontevedra
Pontevedra · 1890
Foto: Bene Riobó · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
Herrenhaus in Deputación provincial de Pontevedra, auf 21 m Höhe, 285 m vom Caminho Português de Santiago.
O Pazo da Deputación de Pontevedra, na cidade de Pontevedra, é un edificio ecléctico do século XIX, sede da deputación provincial de Pontevedra. Está situado entre a Alameda de Pontevedra e o Parque das Palmeiras.
Historia
A Deputación de Pontevedra constituíuse en 1836, a última das catro provincias galegas. Durante décadas tivo a súa sede no convento en desuso de San Francisco, antes de trasladarse ao actual Pazo da Gran Vía de Montero Ríos en 1890. Na década de 1870 iniciouse o proxecto dunha nova sede, debido ao elevado custo de mantemento da sede conventual. En 1882, Domingo Rodríguez Sesmero e o seu fillo Alejandro Sesmero presentaron unha proposta para o novo pazo de estilo clasicista. Con todo, o proxecto final sería diferente: mostraría a influencia do estilo ecléctico e o sentido decorativo de Alejandro Rodríguez-Sesmero ao adoptar certos elementos da Casa Consistorial de Pontevedra. En 1883 aprobouse o proxecto e adxudicáronse as obras, baixo a dirección de Daniel Rodríguez Vaamonde, que posteriormente foi substituído por Antonio Crespo e Siro Borrajo. En 1884 a Deputación Provincial de Pontevedra comprou ao Concello de Pontevedra os terreos onde se sitúa o actual pazo. As obras comezaron o 1 de marzo de 1884 e prolongáronse ata o 8 de novembro de 1890. O edificio adaptouse especialmente ás necesidades de distinción, simbolismo e grandilocuencia de finais do século XIX.
Descrición
Alejandro Sesmero deseñou un gran palacio para uso administrativo e optou por combinar elementos doutras épocas, como a arquitectura clásica, renacentista e barroca. O palacio pertence ao estilo ecléctico con elementos e conceptos inspirados na arquitectura francesa. É de pedra, ten planta cadrada e dous pisos. A fachada está organizada de forma simétrica, cun corpo central e outros dous corpos laterais lixeiramente adiantados con perpiaños con almofadado. Unha grande escaleira conduce á entrada principal, inspirada nun arco de triunfo, con arcos de medio punto enmarcados por columnas estriadas con capiteis xónicos. O piso superior ten un gran balcón con balaustrada e outros tres arcos de medio punto enmarcados por columnas corintias, tamén estriadas. Estas columnas enmarcan as xanelas da sala nobre. Sobre elas hai tres óculos e un frontón triangular no que aparece o escudo da provincia de Pontevedra. As xanelas das esquinas do edificio están rematadas por frontóns semicirculares. Están decoradas con linteis con vieiras. A decoración exterior, de delicada cachotaría, insírese nas molduras ao redor das xanelas con linteis, e nas decoracións sobre estes, con volutas, palmetas e rocallas. No interior destaca a monumental escaleira e a iluminación a través de grandes lucernarios no teito. Na planta baixa, hai un salón central con grandes piares rematados por unha gran claraboia e unha vidreira co escudo da provincia de Pontevedra. O salón de plenos está decorado con estucos antigos. No interior do edificio destacan os materiais innovadores para a época, como o ferro nos lucernarios e a bufarda.
Outros artigos
Edificio Administrativo da Deputación de Pontevedra Gran Vía de Montero Ríos Casa Consistorial de Pontevedra Palacete das Mendoza
Wikipedia-Text auf Galicisch, lizenziert unter CC BY-SA. Vollständigen Artikel lesen ↗
Fakten
Art Palacio · Edificio da administración pública
Stil Arquitectura ecléctica
Urheber Alejandro Rodríguez Sesmero
Höhe hier ≈ 21 m · Terrain Tiles
Nächster Ort Pontevedra, 458 m entfernt
Jakobsweg Caminho Português de Santiago, 285 m entfernt
Einwohner der Gemeinde 83.339 (2025) · IGE
Anfahrt
Adresse Gran Vía de Montero Ríos
Mit dem Bus hinkommen
- Corvaceiras219 m entferntVilagarcía E.A.-Pontevedra E.A. · Testos-Pontevedra E.A.
- SAN ROQUE228 m entferntO Grove E.A.-Pontevedra E.A. · O Grove E.A.-Pontevedra E.A. · A Balea (casa Falcón)-Pontevedra E.A. · A Balea (casa Falcón)-Pontevedra E.A. · O Grove E.A.-Portonovo-Pontevedra E.A. · O Grove E.A.-Portonovo-Pontevedra E.A.
- Avda. Reina Victoria Uxía238 m entferntPonte da Barca-Pontevedra (X)
Haltestellen des regionalen öffentlichen Nahverkehrs. Eine Haltestelle bedeutet nicht, dass heute ein Bus fährt: Die Linien sind nach Anzahl der Fahrten sortiert, und die Fahrpläne stehen auf bus.gal ↗.
In der Nähe
Basilika Santa María La MayorKathedrale
Mosteiro de San Salvador de LérezKloster
Convento de San Xoán de PoioKloster
Muralla de PontevedraBurg
Fortaleza e Torres Arcebispais (Pontevedra)Burg
Pazo de Castro MonteagudoPazo (galicischer Herrensitz)Pazo dos Gago e MontenegroPazo (galicischer Herrensitz)
Pazo dos Marqueses de ArandaPazo (galicischer Herrensitz)