Pazo

Pazo do Conde de Gondomar

Gondomar · Pontevedra

Pazo do Conde de Gondomar

O pazo do Conde de Gondomar, tamén chamado fortaleza de Gondomar, é unha fortificación de orixe medieval situada ao sur da vila de Gondomar. Está declarado Ben de Interese Cultural, e sitúase nunha fraga de árbores centenarias, rodeado por unha leira de 30 ha. == Historia == Posiblemente foi fundado entre os séculos XIV e XV, sendo nesa época de tamaño moito máis reducido. No século XVI a praza-forte consta como propiedade do corrixidor de Granada e capitán xeneral das illas Canarias, García de Sarmiento. En 1617 Filipe III concedeu ao seu primoxénito, Diego Sarmiento de Acuña, o título de Conde de Gondomar, por defender a costa do val Miñor dos ataques do pirata Francis Drake. Nesa época o conxunto foi obxecto de considerables modificacións e ampliacións. En 1665 foi invadido polos exércitos portugueses, que no asalto destruíron gran parte das edificacións, sendo restaurado en estilo neoclásico. Un incendio producido no século XVIII provocou o seu abandono até que no século XIX o condado de Gondomar se uniu por vía matrimonial ao ducado de Medinaceli, comezando as obras de restauración que continuaron até principios do século XX e deron lugar á actual edificación. == Características == Consérvanse como elementos principais unha varanda “condal”, dous corpos laterais da muralla, varias escaleiras, o terrazo, portas ornamentadas e outros elementos defensivos menores, a maior parte deles de arquitectura neoclásica. O edificio principal está distribuído en 3 andares. Ten unha capela acaroada do século XVII, de fachada con porta simple de arco de volta perfecta, e sobre esta un óculo que permite a iluminación do interior. Orixinalmente tiña uns 3 km de muralla, conservándose só algúns vestixios e garitas. == Notas == == Véxase tamén == === Bibliografía === Boga Moscoso, R. (2003). Guía dos castelos medievais de Galicia. Guías Temáticas Xerais. Edicións Xerais de Galicia. p. 258-259. ISBN 84-9782-035-5. López-Chaves Meléndez, J. M.; Amor Moreno, G. E. (1988). Inventario Pazos y torres de la provincia de Pontevedra I (2ª ed.). Deputación de Pontevedra. p. 118-123. === Outros artigos === Castelos de Galicia === Ligazóns externas === Árbores senlleiras. O contorno das árbores e formacións[Ligazón morta], Consellería do Medio Rural. Información sobre o castelo, en www.agalicia.com (en castelán).

Wikipedia-Text auf Galicisch, lizenziert unter CC BY-SA. Vollständigen Artikel lesen ↗

Auf der Karte ansehenAuf Wikipedia lesenRoute

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

In der Nähe